miércoles, 27 de noviembre de 2019

Pregunta 6

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Aquí tendes a seguinte pregunta:
6) Explica por qué xira unha peonza.










Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

9 comentarios:

  1. As peonzas xirán grazas a velocidad angular.

    De Martin Esteban de sexto de primaria

    ResponderEliminar
  2. A peonza xira porque grazas a velocidad angular,que permite o desarrollo do efecto giroscopico. Ting ting 6 de primaria

    ResponderEliminar
  3. Unha peonza xira pola forza inicial que lle damos para que xire e logo mantense estable porque ten un centro de gravedad perpendicular ao exe de xiro e pode estar en equilibrio grazas á velocidad e á forza de gravedad.(Encontreino no libro "Os superpreguntones.A ciencia do día a día.Px.29)Florencia 6°

    ResponderEliminar
  4. Unha peonza puede xirar sobre unha punta sobre a que situa o seu centro da gravidade de forma perpendicular ao eixo do xiro,equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desarrollo do efecto xirocópico.Raquel 5º de primaria.

    ResponderEliminar
  5. Unha peonza xira debido a velocidade coa que se lanza que fai que a sus exe de gravedad vaia xirando arrededor dun punto e cando perder esa velocidade pois deixa de xirar.
    Laura 6°

    ResponderEliminar
  6. unha peonza xira grazas a sua punta que cando xira coga velocidade e eso fai que coxa potencia e tenga un centro xiratorio penpendicular nay 6

    ResponderEliminar
  7. Unha peonza xira debido a forza de gravidade que imponemos sobre ela ao tirala

    ResponderEliminar
  8. É un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a qué se sitúa o seu centro de gravidade de forma perpendicular ao eixe do xiro , equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular ,que permite o desarolo do efecto xiroscópico.
    Yanira 6

    ResponderEliminar
  9. Porque a velocidade angular fai que se equilibre en un punto de forma perpendicular al eje de giro.Sabela 5º

    ResponderEliminar