jueves, 30 de abril de 2020

Booktubers & Contacontos 4

Boas nenos, nenas e familias: 

Continuamos un día máis publicando os vídeos  dos nenos e nenas participantes nas actividades do #Retodolibro.

Booktubers e titoriais de xogo:


Sara


Isaac


Lara M.


Alma


Samuel

Contacontos:


Isaac


Ana


Emma

Moi ben rapaces!!

Moitos bicos,


A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 29 de abril de 2020

Booktubers & Contacontos 3

Ola familias!!

Aquí tendes máis vídeos de Booktubers e Contacontos dos participantes nas actividades do #Retodolibro.

Booktubers e titoriais de xogo:

Ana


Darío


                                            ´
Evellyn


Izan

Contacontos:


                                                   
Pablo & Kailer


Elen


                                                  
David


Que grandes artistas!!

Un gran saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

martes, 28 de abril de 2020

Booktubers & Contacontos 2

Bos días a todos e todas: 

Seguimos publicando os vídeos participantes nas actividades do #Retodolibro.

Booktubers e titoriais de xogo:

Alba


Didier


Erick


Ainhoa

Contacontos:


Sara


Martín


Son marabillosos!! 

Unha forte aperta,

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 27 de abril de 2020

Booktubers & Contacontos 1

Bos días a todos e todas: 

Aquí tendes a primeira entrega dos vídeos participantes nas actividades do #Retodolibro.

Booktubers e titoriais de xogo:

Isaac

Sol

Pablo


Erea

Martín

Contacontos:

Alba

Fabi

Que ben o fan!!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 26 de abril de 2020

Resultados #Retodolibro 📙📖📙

Boas familias:

Remata xa a semana do libro e con ela as actividades que vos propuxen facer!!

Moitísimos nenos e nenas do cole participaron nesta semana do #Retodolibro, mais só uns  poucos conseguiron superar os tres retos que se propuxeron no tempo previsto.

Os campións e campioas dos retos do libro son...

De Educación Infantil: Alba, Ana, Isaac y Sol!!

Dos primeiros cursos de Educación Primaria: Erick, Kailer, Sara, Emma, Pablo e Isaac!!

Dos últimos cursos de Educación Primaria: Erea, Fabi, Martín e David!!

A miña máis sentida noraboa a estes nenos e nenas que realizaron as tres actividades que se pedían.

Quero facer unha mención especial a tódolos participantes e durante esta semana publicarei aos pouquiños os vosos vídeos de Booktubers e Contacontos. 

Hoxe vos deixo esta bonita montaxe coas fotos de tódolos marcapáxinas e un vídeo titorial no que Samuel nos explica como facer un. 







Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

Apertas, 

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 24 de abril de 2020

Venres: semana do libro 📗📗📗

Ola a todos e todas!!

Aquí está a última actividade para completar o #Retodolibro!

Para hoxe a proposta é un contacontos familiar!

Para elaboralo pedimos a participación do resto da familia para que o vídeo sexa completo e orixinal. Podedes: gravar un conto da hora de durmir, contalo no salón a toda a familia que o neno ou nena lle conte o conto aos pais,  contar un conto inventado ou utilizar un que teñades en casa (podedes ensinar os debuxos do conto á cámara), etc.... 
Podedes facelo como queirades, pensade que son contos para os vosos amigos e amigas!!

Ao longo do fin de semana publicarei os nomes daqueles que completaron o #Retodolibro!


Para compartir o resultado enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.

Estou desexando ver as vosas creacións!

Un biquiño dende a biblioteca

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!! 📖📕📖

Saúdos mozos, mozas e familias!!

Hoxe é o meu día favorito de todo o ano: o día do libro!!

Aínda que temos en marcha as actividades do #Retodolibro, non quería deixar pasar a ocasión para recomendarvos algúns contos e recursos, coma por exemplo o seguinte conto pictográfico que todo o mundo pode desfrutar:


Ou a seguinte historia composta de títulos de libros, non vos parece preciosa e orixinal ao mesmo tempo?? 😍😍




Sen máis desexarvos a todos un moi bo día e animarvos a continuar cos #Retodolibro que retomaremos mañá.

Moito ánimo a todos e todas!!


A Xoaniña Maruxiña

martes, 21 de abril de 2020

Mércores: semana do libro 📘📘📘

Ola familias!!

Hoxe como actividade para completar o #Retodolibro propóñovos convertirvos en "Booktubers".

A idea é crear un vídeo explicativo, pode ser tanto dun libro (expoñendo o título, autor, un breve resumo e por qué vos gustou) ou dun xogo (facendo unha explicación similar ou gravando un vídeo titorial de como se xoga). Procurade que o vídeo non se extenda máis de 2 minutos.

En youtube podedes atopar algúns exemplos.

Para compartir o resultado enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.


Unha aperta dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña



lunes, 20 de abril de 2020

Luns: semana do libro 📙📙📙

Ola a todos e todas:

Aquí está a primeira actividade do #Retodolibro: crear un marcapáxinas orixinal!

Hai moitas opcións para que todos teñades a oportunidade de facer algún aínda que non dispoñades de moitos materiais.

Para a elaboración necesitaredes folios brancos (tamén poden ser de cores e se non podedes pintalos vós), regra, tesoiras e pegamento. No caso de que non teñades pegamento ao final do post déixovos tres opcións para elaborar un pegamento caseiro. 

Aquí tendes algúns vídeos titoriais e algunhas imaxes de exemplo:















Tamén hai moitas máis opcións para facer con origami:





Estes son algúns dos resultados:


Para realizar pegamento caseiro tedes as seguintes opcións:

Opción 1:

  Ingredentes:
  • Fariña
  • Auga
Introducir a fariña  nun bol e logo agregar auga de acordo á cantidade de fariña utilizada. Batir os ingredentes ata formar unha mezcla suave e libre de grumos. Logo quentar a mezcla  ata que ferva,  debemos revolver constantemente.  Por último, deixar que se enfríe.

Opción 2:

      Ingredentes:
1 taza de Fariña
1/3 de taza de azucre
1 culler de vinagre
Un pouco de auga


Nunha pota colocase o azucre e a fariña con un pouco de auga, cociña a fogo medio ata que se faga una mezcla espesa, agrega  o vinagre, déixao arrefriar, colócalo nun envase e pono no refrixerador.

Opción 3:



Para compartir o resultado dos marcapáxinas enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.

Agardo con impaciencia os vosos resultados!

Moitos bicos virtuais dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 17 de abril de 2020

Semana do libro 📙📘📗

Boas familias!!

A próxima semana celebramos na nosa biblioteca a semana do libro!! 
Para iso imos propoñervos o #Retodolibro que consistirá en tres actividades que debedes completar ao longo da semana. 

*Luns: fago un marcapáxinas orixinal. Nesta actividade que propondremos o luns teredes varios vídeos tutoriais para a realización de marcapáxinas con manualidade o papiroflexia. Utilizade toda a vosa creatividade!!

*Mércores: convertímonos en "Booktubers". Imitando aos famosos "Youtubers" desta xeración vos retamos a facer un vídeo no que expliquedes o voso libro favorito, o voso xogo de mesa favoritu, un titorial de como se xoga... Procurade que o vídeo sexa completo pero que non se extenda  máis de 2 minutos. 

*Venres: facemos un Contacontos en familia! Vos animamos a grabarvos mentres contades o conto que máis vos guste, para facelo chegar así ao resto das familias do cole e que poidan ver os vosos contos preferidos.

Cada día dos citados haberá unha entrada máis de blog explicando con  máis detalle a actividade.

Espero moitísima participación, estou desexando comprobar cantos de vós conseguides completar o #Retodolibro!!

Un saudiño,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 10 de abril de 2020

Escaperooms na casa!!

Ola pequenos, pequenas e familias!!

Hoxe, dende a biblioteca do cole, quero recomendarvos algúns xogos alternativos aos habituais que podedes facer estes días. É o caso dos Escaperooms!

Este tipo de xogos son moi divertidos, poñen a proba a mente e o inxenio e o mellor, son perfectos para facer en casa!!

O ideal é que vós mesmos vos animedes e creedes un Escaperoom con pistas para que xogue o resto da familia, a seguinte páxina pode axudarvos:


Mais se o que estades buscando é xogar directamente tamén existen varias opcións.

Para os máis pequenos o mellor é unha pescuda do tesouro, algo máis sinxelo, con probas menos elaboradas e que dure menos tempo, un exemplo é o seguinte:


Para os máis maiores hai máis diversidade de opcións, aínda que sería conveniente que un adulto tamén xogase para axudar nas probas con maior dificultade. As opcións que seleccionei son as seguintes:


Nesta páxina atoparás recursos imprimibles para montar o teu propio xogo de escapismo na casa. Un deles é específico para público infantil.


Neste escaperoom virtual serás "Romeo", quen terá que demostrar a súa intelixencia para conseguir a man da súa ansiada "Julieta".


Este último recurso vai dedicado a tódalas persoas que, coma min, son fans da saga Harry Potter. O enlace vos levará directamente a un xogo virtual no que teredes que utilizar o voso inxenio xunto co voso coñecemento do mundo máxico. 
É unha magnífica oportunidade de practicar idiomas dado que o xogo está ambientado en Londres e escrito en inglés. 

Por último, para os nenos de últimos cursos e con axuda da familia, contamos con este divertido xogo que se basea nunha época futurista onde a moeda de cambio é: O papel hixiénico!!


Espero que vos animedes a facer algunha destas propostas e que vos fagan pasar ao menos unha tarde moi divertida. 

Apertas, 

A Xoaniña Maruxiña




jueves, 2 de abril de 2020

Día do Autismo 💙💙💙

Boas familias!!

Hoxe, día 2 de abril, quixemos celebrar todos xuntos o Día do Autismo 💙 pedíndovos os vosos #SelfiesPoloAutismo.

Aquí tendes os resultados, son xeniais!! Moitas grazas por esta gran participación 😍😍



Ademáis, as clases de Diego, Brais e Fonsi fixeron estes emotivos vídeos, quedáronlles xenial 😊😊💙
Vídeo de 3º de Educación Primaria:




Vídeo de 4º de Educación Primaria: 




Vídeo de 5º de Educación Primaria:


Moitos bicos e apertas dende a biblioteca do cole.

A Xoaniña Maruxiña