martes, 19 de noviembre de 2019

Mes da Ciencia

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Arrincamos pois! Aquí tendes a primeira pregunta: 

1) Cal é o dinosaurio máis grande atopado en Europa?

Un dinosaurio tailandés es pariente del T. Rex

Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

6 comentarios:

  1. Turiasaurus riodevensis Raquel 5 de primaria

    ResponderEliminar
  2. Turiasaurus Ting ting 6 de primaria

    ResponderEliminar
  3. Turiasaurus riodevensis Sabela 5º

    ResponderEliminar
  4. O dinosaurio mais grande atopado en Europa e o Turiasaurus riodevensis,foi
    anunciado en 2004


    De Martín Esteban de sexto de primaria


    ResponderEliminar