domingo, 28 de marzo de 2021

Reconquista de Vigo

 Ola rapaces e rapazas:


Hoxe, 28 de marzo, celébrase en Vigo a nosa Reconquista. Este ano conmemoramos que hai 212 os vigueses expulsamos aos franceses de Vigo con moitísima valentía. 

Aínda que este ano non podemos gozar das celebracións desta festa, na biblio e no cole San Fermín fixemos actividades para coñecer un pouquiño máis da nosa historia.

En primeiro lugar, todos os cursos traballaron a historia da nosa Reconquista co conto propio dos Bolechas (sección 94 da nosa biblio), e tras esta narración fixeron un collage proposto polo equipo de dinamización da lingua galega.




A maiores, aproveitando a proximidade do día da Poesía, os nenos e nenas de quinto e sexto curso inventaron e gravaron un vídeo cun poema dedicado a esta festividade.




Un saúdo moi afectuoso, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞



miércoles, 24 de marzo de 2021

Biblioteca para nais e pais

Ola a todo o mundo!!


Por un día non imos falar dos traballos e actividades dos máis cativos, senon que quero dirixirme aos adultos de cada casa: pais, nais, avoas, tíos...


Por se alguén anda despistad@, hoxe queremos falar dunha parte da nosa querida biblio adicada a educación  dos nenos e nenas de cada casa e que por suposto, está a vosa disposición sempre que queirades.


Contamos con títulos adicados a temas de actualidade, redes sociais, matemáticas ABN, educación emocional...


Se estades interesados en que vos prestemos algún libro, só tedes que falar co titor/a do voso fill@ e podedes  contar con el durante 2 semanas.


Algúns dos títulos que temos no noso catalogo son os seguintes:


"Escuela de padres: educación positiva para enseñar a tus hijos"

"El niño que habla: el lenguaje oral en preescolar"

"Educar con inteligencia emocional"

"Del fracaso al éxito escolar: una guia para potenciar el exito del estudiante"

"Estimular las inteligencias múltiples"

"Niños optimistas"

"Edúcame bien: 100 respuestas para madres y padres preocupados"

"Cando os nenos din basta"

"El pequeño dictador: cuando los padres son las victimas"

"Plantando semillas: el mindfulness con niños"

"Entrénalo para la vida"

"Empantallados"





Calquera cuestión non dubidedes en preguntarnos.


Unha aperta


Xoaniña Maruxiña

lunes, 22 de marzo de 2021

Día da Poesía 👄👂

Bos días nenos, nenas e familiares!!

O pasado 21 de marzo foi o "Día da Poesía" e desde a biblioteca do cole propúxoselles ás clases dos máis maiores un obradoiro de poesía moi particular... facer un rap!!

Os máis pequenos tamén tiveron o seu obradoiro, neste caso de poesía recitada e de manualidades con marcapáxinas.

 






 
Esta semana a sección de Poesía da nosa biblio (82-P) foi a máis visitada para obter recursos e poemas para darlle base musical, aquí tendes algúns dos resultados:


 







Que vos pareceu? A min ecantáronme!! Ademais nótase que o pasaron xenial!!!

Unha aperta moi forte, 

A Xoaniña Maruxiña 🐞




viernes, 12 de marzo de 2021

Semana da prensa

Ola a todos e todas!!

No San Fermín esta semana temos moitas noticias que contarvos da man da semana da prensa!

Desde o luns ata o venres, varios cursos puxéronse mans a obra para coñecer tódolos segredos que hai detrás da prensa e fixeron moitas actividades relacionadas con este tema.

En primeiro e segundo, estiveron investigando en diferentes periódicos sobre mulleres importantes na historia de Galicia e a información máis importante que atoparon, a recolleron nun precioso mural.




En cambio, cada neno e nena de 3º e 4º de Primaria, botando man das súas fantásticas imaxinacións, deseñaron as portadas dos seus periódicos.










E por último, @s maiores do cole crearon un periódico con novas relacionadas co San Fermín: entrevistas a profes, reportaxes sobre matemáticas ABN, etc.




Como vedes, no San Fermín o traballo non para nin unha semana... Vémonos pronto familias!

Unha aperta

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 8 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller

Ola a todas e todos!

Hoxe é un día moi especial en todo o mundo porque celébrase o Día Internacional da Muller e no noso cole traballamos moitísimo, desde @s máis cativos de Infantil a@s máis maiores de 6º de Primaria, xa que tódolos cursos realizaron unha serie de vídeos onde cada neno e nena dedicáballe unha palabra a esa muller especial que hai na súa vida.


Aquí tedes un exemplo do vídeo realizado polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria


Nos distintos blogs de cada clase, podedes ver o resto dos vídeos.


Ademáis, se vos fixades ben, a maioría do cole utilizaron a nosa querida biblioteca para gravalo e xa que andaban por alí, botáronlle un ollo as nosas recomendacións para conmemorar este día tan especial 



Por último e aproveitando que estamos na semana da prensa, as nenas e nenos de 1º e 2º estiveron investigando nos nosos libros e realizaron un mural sobre mulleres importantes da nosa comunidade.



Foi un día de moito traballo pero que sen dúbida divertímonos moito.


Un saudiño familias e vémonos pronto!

A Xoaniña Maruxiña