martes, 31 de marzo de 2020

Proposta de actividade para O día do Autismo 💙

Ola a todos e todas!!!

O próximo xoves día 2 de abril celébrase o día do Autismo, e para conmemoralo, dende a biblioteca do cole porpoñémosvos esta actividade para todas as familias "Un selfie polo autismo💙💙

Para participar, os nenos e nenas deben debuxar un globo azul (símbolo do autismo) e engadir unha mensaxe dentro. Despois sacaranse un selfie co debuxo, pode participar toda a familia!!

Facede chegar as fotos a traveso dos números de WhatsApp do cole, correos electrónicos ou publicádeas na páxina de Facebook mencionando ao cole. O último día para participar é mañá mércores 1 de abril, para que aos profes lles dea tempo a organizar os traballos e publicalos todos xuntos o xoves día 2. 

Animádevos familias, cantos máis participantes moito mellor!!! 💙

Un saudiño,

A Xoaniña Maruxiña

💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙



lunes, 30 de marzo de 2020

Canles e lecturas recomendadas

Ola nenos e nenas:

Comeza unha nova semana na casa e, dende a biblioteca, quero deixarvos algúns recursos para que teñades acceso a moitísimos libros e  contos dende os vosos fogares.

Hai moitísimas plataformas abertas neste momento para ler de forma gratuita, eu hoxe recoméndovos a seguinte:


Esta é a plataforma de catálogo das bibliotecas de galicia. Agora mesmo teñen a disposición de todo o mundo de forma gratuita todos os libros dixitais que teñen en tódalas bibliotecas galegas. Podedes darvos de alta na páxina e comezar a ler o que máis vos guste!!

Tamén resulta moi interesante estoutra páxina de libros infantís gratuitos:


Ademais quero recomendarvos esta canle de Youtube da Editorial Kalandraka, na que hai contacontos diarios de libros infantiles moi divertidos!!


Espero que vos gusten e que vos axuden a pasar mellor o tempo estes días de confinamento. 

Un saúdo e moitísimo ánimo a todos e todas,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 27 de marzo de 2020

Campións Concurso da Poesía!!

Bos días familias!!

Chegou o gran momento, xa están as votacións listas e temos a lista de gañadores do concurso de poesía!!

Para decidir os campións, os mestres e mestras tiveron en conta o contido da poesía, formato, presentación, aportación do neno/nena, orixinalidade, traballo, etc. 

As categorías nas que dividimos o concurso son: poesía recitada e poesía escrita, e de cada unha delas diferenciamos dous premios, o máis orixinal e o máis elaborado.

Aquí vos deixo un vídeo con todos os traballos enviados (encantáronme, quedaron todos moi bonitos!!) e unha presentación de fotos cos traballos de poesía escrita por se queredes botarlle un ollo con máis calma. 






Día de la poesía biblio


E agora sí que sí, os gañadores deste gran concurso son:

Na categoría Poesía recitada máis orixinal: Sabela de 5º de Educación Primaria!!! Marabilloso rap!!

Na categoría Poesía recitada máis elaborada: Emma de 3º de Educación Primaria!!! Estupenda montaxe de vídeos e moi ben recitada a poesía na nosa lingua!

Na categoría de Poesía escrita máis orixinal: Darío de 3 anos de Educación Infantil!! Moi orixinal a presentación nunha camiseta decorada coa participación do pequeno!

Na categoría de Poesía escrita máis elaborada: Erea de 5º de Educación Primaria!! Un gran poema que relata moi ben a vivencia social actual con toques de humor e moi boa presentación, tralarí tralará!

Para rematar quero agradecer a todos e todas a súa participación, eu, a Xoaniña, encárgome persoalmente de facervos chegar un diploma a os nenos e nenas que enviáchedes as vosas creacións. 

Os campións e campioas terán que ser pacientes e agardar á volta do cole para poder levar o seu merecido premio. 

Unha aperta moi grande, 


A Xoaniña Maruxiña

sábado, 21 de marzo de 2020

Día da Poesía 👄👂

Ola a todo e todas:

Para que vos sexa máis levadeiro estes días que hai que pasar na casa, dende o cole San Fermín propoñémosvos un concurso telemático.

Hoxe día 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía" e para iso propoñemos dende o cole un concurso de poesía no que o tema principal sexa: "O coronavirus".  Podedes facer referencia ao virus, ao confinamento, ao traballo do persoal sanitario... todo o que se vos ocurra!

O formato de presentación pderá ser de dúas formas: cunha foto da poesía por escrito (nun folio ou cartulina e decorada como queirades) ou cun video recitando a poesía. Valorarase tanto o contido da poesía como a presentación e a decoración, creatividade ao poder!!

O prazo para participar comeza hoxe e remata o próximo mércores día 25 de marzo. Os gañadores publicaranse nas páxinas o venres día 27.

Podedes presentar as vosas creacións mandándoas por WhatsApp a calquera dos números habilitados do cole ou subíndoas a Facebook e mencionando o perfil do cole na vosa publicación. 

Estou desexando ver como nos sorprendedes coas vosas poesías!!

Unha gran aperta,


A Xoaniña Maruxiña 🐞

lunes, 16 de marzo de 2020

Contos sobre o Coronavirus

Ola nenos e nenas: 

Como xa sabedes temos que quedar unhas semanas na casa porque hai un virus moi contaxioso no noso país. 

Para que entendades mellor a situación actual, dende a biblioteca do cole vos deixamos uns videos con contos sobre el. Unha graciosa poesía acompañada de papiroflexia e o monstruo de cores, a quen xa coñecemos doutras ocasións. 





Agardo aquí por vós ata cando poidamos volver a reunirnos na biblioteca do cole.

Unha forte aperta e moitos ánimos!!

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 13 de marzo de 2020

Día da Muller e Semana da Prensa 🐞

Ola a todos e todas!!

Chega o mes de marzo, e nel moitas datas interesantes. Esta semana traballouse no cole tanto o día da Muller Traballadora (8 de marzo) como a Semana da Prensa. 

Os nenos e nenas do cole viñeron moitísimo pola biblioteca esta semana: traballaron contos e relatos sobre o tema, pescudaron nos xornais do Papagaio, fixeron muráiselaboraron xornais, (tanto dixitais como físicos)... E aprenderon un  montón!!

Aquí vos deixo algunhas fotografías da elaboración e resultado dalgúns traballos, que bonitos quedaron!!


Día de la mujer Biblio



Espero que vos gusten tanto coma min.



Que ganas de que volvan visitarme!

Unha aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

jueves, 12 de marzo de 2020

Recreos temáticos semana 2 🐞

Boas nenos e nenas !!

Esta foi a segunda semana de Recreos Temáticos na nosa biblioteca!!


Luns 9 de marzoos nenos e nenas de 1º e 2º xogamos coa imaxinación.



Martes 10 de marzoobradoiro de robótica para os máis pequenos. Educación Infantil xoga co noso amigo Doc.




Mércores 11 de marzo: obradoiro de filmografía cun Kahoot! e pescuda de información para 5º.




Debido a crise do Coronavirus esta semana non puidemos facer máis recreos temáticos, e por suposto canceláronse os das seguintes semanas. 
Esperamos volver moi pronto e proseguir con todo o que tiñamos programado!!



Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

domingo, 8 de marzo de 2020

Recreos temáticos semana 1 🐞

Ola a todos e todas !!

Comeza o mes de marzo e volven  os recreos temáticos a nosa biblioteca!!

Cada recreo deste mes os mestres e mestras ofertarán diversas actividades para realizar en grupos reducidos.

Esta semana comezamos con catro actividades moi divertidas!!

Martes 3 de marzocontacontos en inglés para 1º e 2º no que descubriron a sección de idiomas da nosa biblio e foron ata a lúa con Cat and Mouse.



Mércores 4 de marzoobradoiro de xogos imaxinativos. No que os nenos de 5º e 6º de primaria  puxeron a proba a súa creatividade co Dixit.





Xoves 5 de marzo: obradoiro musical con contacontos de Mozart para os nenos de Educación Infantil. Coa mestra de música os nenos aprenderon sobre a vida deste compositor e fixeron unha audición das súas obras máis coñecidas.



Venres 6 de marzo: xogos de intelecto para 3º e 4º de primaria. Cun traballo por estacións os nenos e nenas usaron todo o seu inxenio para xogar co "Virus", o "Sushi Go" e "Pajarracos".




Estou desexando ver o que os mestres teñen preparado para a próxima semana!

Unha forte aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞