lunes, 26 de octubre de 2020

Día da biblioteca 📙📘

 Ola nenos e nenas!!

O día 24 de outubro celébrase o día da Biblioteca, e ao longo desta semana os e as estudantes do cole viñeron a visitarme para facer diversas actividades.


Os nenos e nenas de Educación Infantil aprenderon sobre qué é unha biblioteca, e aproveitando a cercanía do Samaín elaboraron uns marcapáxinas terroríficos... que medo!!





Os nenos e nenas de Educación Primaria visitaron a biblioteca para facer diversas formacións de usuarios (coñecer as novas normas, recunchos, clasificación dos libros...). 















Ademais os rapaces e rapazas de cuarto curso de primaria xogaron en equipo a "First Dates" unha pescuda do tesouro moi especial na que tiñan que atopar diversas citas nos libros seleccionados. 


Día de la biblioteca 2020


O día 24 de outubro é un día moi epecial para o noso cole, e a min encántame que os nenos e nenas veñan a visitarme.


Espero vervos a todos e todas moi pronto.


Unha aperta virtual,


A Xoaniña Maruxiña