viernes, 31 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 5 🐞

Bo día nenos e nenas!!

Con moita pena despedimos xa os Recreos Temáticos deste ano, onde nesta última semana fixemos moitísimas cousas!!


Luns 27 de maioCreamos un libro desplegable. Os nenos e nenas da clase de 3º e 4º tiveron hoxe a oportunidade de crear un libro desplegable no que engadiron información sobre o tema que eles elexiron.

Martes 28 de maioobradoiro "Outra historia terminable". Algúns nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria participaron nesta ocasión nun obradoiro de contos no que como premio tamén fixeron un divertido marcapáxinas. 

Mércores 29 de maio: obradoiro "Electrecos" cos nenos e nenas de último curso de Educación Infantil. Neste obradoiro os nosos peques aprenderon sobre a RAEE e participaron nun concurso de "Os Bolechas". 

Xoves 30 de maio: obradoiro de xogos "Pasapalabra". Os nenos e nenas dos últimos cursos de Educación Primaria participaron nun obradoiro de pregunta-resposta ao estilo "Pasapalabra".



A continuación algunhas fotos das actividades. 


Recreos temáticos 5

 

Espero que estas actividades fosen do voso agrado, a min encantáronme!!

Unha forte aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

sábado, 25 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 4 🐞

Boas nenos e nenas!!

Extamos xa na cuarta semana de Recreos Temáticos na nosa biblio, e o pasamos así de ben!!


Luns 20 de maioTraballamos as nosas emocións!. Os nenos e nenas da clase de 3 anos fixeron unha actividade co libro "O monstruo de cores" para traballar as súas emocións. Despois traballaron nun gran mural.

Martes 21 de maioobradoiro de robótica con algúns nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria. Foi a súa primeira aproximación á programación e tivo moitísimo éxito!

Mércores 22 de maio: traballamos no "Bibliopatio" cos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Comezamos unha actividade de manualidades para crear un carriño que poidamos sacar ao patio con libros da nosa biblioteca.  

Xoves 24 de maio: obradoiro de xogos deportivos. Os nenos e nenas de 2º participaron hoxe nun obradoiro no que aprenderon moitos xogos deportivos que poden utilizar nos recreos.

Venres 24 de maio: obradoiro de poesía cos nenos e nenas de 1º de primaria, que o pasaron moi ben recitando ao ritmo de Gloria Fuertes.


Aquí tendes algunhas fotos destas actividades. Espero que vos gusten!




 

Estou desexando saber que teremos na última semana!

Recreos temáticos 4

Unha forte aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

lunes, 20 de mayo de 2019

Obradoiro de Radio con Carlos Tresandí!

Ola nenos e nenas!!

Está mañá visitou o noso centro Carlos Tresandí, o director do programa "Como que non" de Radio Galega. 
Estivo facendo un obradoiro de radio con nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria e propuxo uns retos moi interesantes de cara ao final de ano neste recucho da nosa biblioteca. 

Aquí tendes algunhas imaxes das actividades, espero que vos gusten.





Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 19 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019

Ola a todos e todas!!

O pasado venres 17 de maio todo o cole traballou sobre o día das letras galegas, que este ano está adicado a Antón Fraguas

Todos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca a facer actividades interactivas, murais, a pescudar información... 

Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro de radio dos nenos e nenas de 1º e 2º "A riqueza da nosa lingua" no que traballaron con expresións coloquiais galegas, e a xa tradicional caricatura que fixeron entre varias clases de 3º e 4º de Educación Primaria.  Todas as actividades quedaron moi ben!!!

Letras Gallegas 2019



Espero que vos gustasen tanto coma a min estas actividades. 

Un saúdo!!

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 17 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 3 🐞

Ola a todos e todas!!

Continuamos coa terceira semana de Recreos Temáticos na nosa biblio, onde os nenos e nenas fixeron moitas actividades divertidas!!


Luns 13 de maioCelebramos o aniversario de Elmer. Os nenos e nenas da clase de 4 anos fixeron unha activiade de contacontos e creatividade sobre o libro Elmer, que este día celebraba o seu 30 aniversario.

Martes 14 de maio: obradoiro de radio con algúns nenos e nenas de 3º de Educación Primaria. Foi a súa primeira aproximación a esta nova sección da biblioteca e pasárono xenial!

Mércores 15 de maio: obradoiro de robótica cos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. A través dun xogo de preguntas cos escornabots.  

Xoves 16 de maio: obradoiro de pintura fotográfica. Os nenos e nenas de 1º e 2º participaron hoxe nun obradoiro de pintura  en sepia baseándose en diferentes técnicas. Pintaron o retrato do homenaxeado das Letras Galegas: Antón Fraguas.


A continuación algunhas fotos e o programa de vídeo destas actividades. Espero que vos gusten tanto coma min.


Recreos temáticos 3




A próxima semana máis e mellor!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

miércoles, 15 de mayo de 2019

Día da Familia 💖

Ola nenos e nenas!! 

Hoxe celebramos no cole o Día da Familia e a biblioteca foi centro e fonte de moitas actividades que os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria desfrutaron. 

Fíxose un gran contacontos en familia no que participaron varias familias de Educación Infantil, os máis cativos do cole pasárono xenial!!

Ademáis, os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unha manualidade moi bonita coa que obsequiar as súas familias. 

A continuación algunhas fotos das actividades.

Día de la familia


Espero que vos gustasen tanto coma a min!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

viernes, 10 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 2 🐞

Boas nenos e nenas !!

Esta foi a segunda semana de Recreos Temáticos na nosa biblioteca, e tivemos actividades moi interesantes!!


Luns 6 de maioobradoiro de espazo fedelleiro no que se explicaba como xogar aos diferentes xogos didácticos cos que conta a nosa biblioteca, orientada a nenos e nenas de 3º de Educación Primaria. 

Martes 7 de maioobradoiro de filmografía cun Kahoot! para 5º e 6º. As pescudas de información foron moi interesantes e gustaron moito. 

Mércores 8 de maio: obradoiro musical coa miña canción, a da Xoaniña Maruxiña!! Participaron os nenos e nenas de 1º e 2º.  

Xoves 9 de maio: arte e grafomotricidade cos máis peques do cole, os nenos e nenas de Educación Infantil.

Venres 10 de maio: obradoiro de papiroflexia. Creamos divertidos marcapáxinas cos nenos e nenas de 3º e 4º.


A continuación algunhas fotografías e vídeos destas actividades. Que ben o pasaron!!

Recreos temáticos 2

Que ganas de ver o que nos espera a próxima semana!

Unha forte aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

domingo, 5 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 1 🐞

Ola a todos e todas !!

Comeza o mes de maio e con el unha novidade na nosa biblioteca: os recreos temáticos!!

Cada recreo deste mes os mestres e mestras ofertarán diversas actividades para realizar en grupos reducidos.

Esta semana houbo comezamos con dúas actividades moi interesantes:

Xoves 2 de maio: formación específica a usuarios de 4º  de Educación Primaria orientada a futuros voluntarios da biblioteca. 

Venres 3 de maio: obradoiro de escornabots cun xogo de pregunta-resposta para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. 


 


Que ben o pasaron!!

Estou desexando ver o que os mestres teñen preparado para a próxima semana!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞