miércoles, 22 de diciembre de 2021

NADAL

Ola a todos e todas!!


No colexio San Fermín, non podíamos deixar de festexar estas datas tan especiais... O Nadal! 

O espírito do Nadal estivo presente nas aulas e no noso centro. @s nen@s e as súas familias engalanaron o centro cas súas estrelas... Auténtic@s artistas!




Nas aulas non se parou de traballar: manualidades, panxoliñas, traballos.... todo relacionado con esta época do ano.














Tamén visitaron a biblioteca para ver algunha película.











Os nenos e nenas de segundo de primaria cantaron unha panxoliña.



Recibimos a visita do rei mago Gaspar.








jueves, 25 de noviembre de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola rapaces e rapazas!!

Celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero  💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades.

Visitaron a nosa biblioteca para traballar con diferentes contos e vídeos, engalanaron as ventás con lazos morados,etc...


3 anos


4 anos



5 anos



Primeiro e Segundo








Terceiro e cuarto

Os nenos e nenas de terceriro fixeron un vídeo para berrar ben forte  a todas as mulleres que non están soas.









Espero que vos gusten as fotos, vémonos na biblio.

Unha aperta,

A Xoaniña Maruxiña 

Mochilas viaxeiras


Ola familias!! Estou contentísima de anunciarvos que xa están a vosa disposición as mochilas viaxeiras!! Explícovos de que se trata...

No interior das mochilas atópase un libro de narrativa para @s máis pequen@s (pode ser un conto, unha novela…), un de consulta (sobre animais, cociña, manualidades, poesía…), outro para pais e nais e por último, un xogo de mesa.

Como podedes  ver, as mochilas son para que as utilicedes todos xuntos en familia, cativ@s e maiores.

Soamente tedes que cumprir cunhas pequenas e sinxelas normas para que todos  e todas poidamos divertirnos ao longo do curso con este material:

Pódense levar durante catro días (de xoves a luns). Fixádevos ben cando a tedes que devolver porque seguro que hai outra familia impaciente por desfrutar dela.

Deixade todo o material no interior das mochilas tal e como estaba ao inicio.

Prestade especial atención aos xogos de mesa xa que hai moito material que se pode perder como cartas, fichas, dados, etc.

En caso de deteriorar algún libro ou xogo, avisade ao devolvelas.

E por último, quérovos pedir un favor: sacádevos fotos coas mochilas: xogando, lendo, realizando unha receita, manualidade... como vos  queirades!

 


Aquí tedes unhas fotos co interior dalgunhas das mochilas.









Espero que vos guste!

 

Unha aperta xigante

 

A Xoaniña Maruxiña 



 


lunes, 22 de noviembre de 2021

Día Universal dos Dereitos dos Nenos e Nenas

 Ola a todo o mundo!!

Hoxe 20 de novembro é un día moi especial, sobre todo para os máis cativos porque celébrase o Día Universal dos Dereitos dos nen@s 👦👧e no colexio San Fermín, como xa sabedes, gústannos moito estas datas tan especiáis e fixemos diferentes actividades en tódolos cursos para conmemorala.


En Infantil traballaron sobre os dereitos á educación e o xogo.


1º e 2º de Primaria traballaron sobre o dereito á saúde coa axuda da nosa fantástica pizarra dixital e ademáis, fixeron un precioso mural.







En 3º e 4º sobre o dereito á identidade e familia deseñando o seu propio pasaporte.



 
E por último, 5° e 6°  sobre o dereito ao non abandono nin explotación.


Espero que vos gusten as fotos e vémonos pola biblio!

Unha aperta,

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 3 de noviembre de 2021

SAMAÍN 🎃👻🧛

 Ola familias! 😈

Como outro ano máis, ao chegar ao final de outubro, festexamos Samaín no colexio San Fermín.

Pese á situación na que nos atopamos, fixemos diversas actividades na nosa biblioteca coma ler contos terroríficos, facer aterradoras manualidades e ver películas de medo… 🧛‍♀️







Tamén celebramos na nosa escola unha nova edición do concurso de cabazas. Todos/as os participantes levaron un agasallo por participar 🤗






Ademais fixemos moitas manualidades aterradoras nos diferentes cursos 👻








Un terrorífico saúdo dende a biblio do cole,

A Xoaniña Maruxiña.