sábado, 22 de diciembre de 2018

Bo Nadal!!

Ola a todos e todas !!!! 😊😊

Polo Nadal, no cole sempre hai moita axitación, e a nosa biblioteca non é unha excepción. 

Houbo moitas manualidades, murais e traballos relacionados con esta época do ano. 

Os nenos e nenas tamén participaron nun gran concurso de postais navideñas. 



E o mellor de todo... As nosas panxoliñas de Nadal!!! Que bonitas!!!😍😍






Nos blogues das aulas  podedes atopar máis fotos dos traballos e das festividades.

Non vos olvidedes na lista de regalos de pedir un libro... Estas son algunhas páxinas con recomendacións:




De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊






lunes, 3 de diciembre de 2018

Campioas do concurso: "Pescudamos na Ciencia"

Ola a todos e todas!! 😃😃

Rematou xa o mes de novembro, mes da ciencia, e con el o noso concurso "Pescudamos na ciencia 💚".

Tras unha exhaustiva análise das respostas o primeiro concurso da Biblioteca do cole San Fermín remata cun empate en primeira posición!!

Noraboa a Nuria e Laura de quinto polo seu logro!!!!  😊😊👍👍




Ademais, quería facer unha mención especial a Florencia, Narai, Martín, Ting Ting, Antía, Xiana, Sabela, Martina e Arantza por participar de forma tan activa no concurso. A vós tamén vos quero premiar cun detalliño pola vosa dedicación e interese. 




Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña