Ola rapaces e rapazas!!
Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes
Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.
Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas.
Ademais, co motivo da celebración deste día, o colexio animouse a participar nunha andaina solidaria Contra a Violencia de Xénero.
Aquí tedes o vídeo co resultado das nosas andainas, grazas a todos pola vosa participación.
Encantoume o seu traballo, e a vós?
Unha fortísima aperta dende a biblio do cole,
A Xoaniña Maruxiña