jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz e a Non Violencia 🕊️

Boas rapazada!!

Hoxe celebramos no cole o día da Paz e a Non Violencia 🕊️. Para iso tódolos nenos do cole fixeron moitas actividades, pero este ano todo o cole participou no "Tren da paz" e nas "Mensaxes para a paz", dúas actividades de convivencia que decorarán os nosos corredores ata o fin de curso escolar.

Aquí algunhas fotos das elaboracións e o resultado final:


Día de la paz biblio


Non esquezades ver as recomendacións e vir pola biblioteca a desfrutar desas lecturas!!💗💗

Unha forte aperta,

A Xoaniña Maruxiña


miércoles, 22 de enero de 2020

Intercambio Postal

Bos días chicos e chicas!!

Esta entrada de blog quero dedicarlla ao alumnado de terceiro de primaria, que está participando nun Intercambio Postal con outro centro da comunidade autónoma de Cantabria!!

Gústame moitísimo esta actividade, porque ademáis de traballar a escritura facemos novos amigos!!

Vos deixo aquí algunhas fotos da elaboración das cartas e da recepción da primeira correspondencia:














Que ganiñas de continuar con esta bonita iniciativa!!

Un saúdo dende a biblioteca

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 10 de enero de 2020

Postais de Nadal

Ola a todos e todas: 

Hoxe gustaríame facer referencia ao traballo dos pequenos e pequenas de primeiro e segundo curso de Educación Primaria, que para festexar estas festas quixeron enviar aos seus compañeiros e compañeiras correspondencia de Nadal cunhas postais realizadas por eles !!!

As profes pedíronlles as familias que sacasen fotos da recepción das postais na súa casa para a volta poder facer este fermoso libro de recordos, que está exposto na biblioteca para pais do noso cole!






Saudiños dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña