viernes, 25 de marzo de 2022

Día da poesía e Reconquista de Vigo

Ola a todo o mundo!!


Semana de moito traballo no cole. Para comezar a golpe de luns tivemos unha misión para poder saír ao patio: Dicir con éxito a contraseña establecida en cada clase. Para iso, tiveron que recitar correctamente unha poesía.

Vemos aquí algún dos nosos trobadores:










Ademáis, os nenos e nenas de 2º de Primaria, gravaron a súa poesía na radio da nosa querida biblio





Esta semana a sección de Poesía da nosa biblio (82-P) foi a máis visitada para obter recursos e poemas para atopar a poesía máis axeitada a cada curso. Aquí tedes algún dos resultados






coa chegada do venres, conmemoramos o día máis especial para todos os vigueses e viguesas: A Reconquista!!


Para coñecer todo o que aconteceu, en Infantil e nos primeiros cursos de Primaria, leronse diferentes contos sobre este feito histórico local.






Outros optaron por facer unhas obras de arte dedicadas a esta efeméride.




E como colofón, os maiores do cole fixeron unha representación teatral, cun decorado moi especial no que participou todo o colexio.






Como vedes, no San Fermín non paramos de traballar e a biblioteca segue sendo o epicentro de todo traballo!

Vémonos pronto.

Unha aperta moi forte.

A Xoaniña Maruxiña


jueves, 24 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller e Semana da Prensa

 Neste mes de maio celebramos dúas efemérides moi importantes coas que desfrutamos e traballamos moito, trátase do Día Internacional da Muller e da Semana da Prensa. 💜

En Educación Infantil visualizaron diferentes contos e indagaron e informándose sobre Frida Khalo, Sabine Steinbach e Zaha Hadid.  Na Semana da Prensa traballaron coa prensa escrita e coa prensa dixital e ata crearón a súa propia tablet!









En Educación Primaria traballamos todos os cursos xuntos para facer un mural cunha liña do tempo de mulleres destacadas en diferentes ámbitos como a pintura, arquitectura, escultura, literatura, música, cine e deporte. Durante toda a semana traballouse coa prensa escrita y dixital en todos os cursos e decidiuse indagar e buscar novas sobre a actual guerra entre Rusia e Ucrania. 🇺🇦

 






Vémonos pronto!


A Xoaniña Maruxiña