Ola a todo o mundo!!
Semana de moito traballo no cole. Para comezar a golpe de luns tivemos unha misión para poder saír ao patio: Dicir con éxito a contraseña establecida en cada clase. Para iso, tiveron que recitar correctamente unha poesía.
Vemos aquí algún dos nosos trobadores:
Ademáis, os nenos e nenas de 2º de Primaria, gravaron a súa poesía na radio da nosa querida biblio
Esta semana a sección de Poesía da nosa biblio (82-P) foi a máis visitada para obter recursos e poemas para atopar a poesía máis axeitada a cada curso. Aquí tedes algún dos resultados
E coa chegada do venres, conmemoramos o día máis especial para todos os vigueses e viguesas: A Reconquista!!
Para coñecer todo o que aconteceu, en Infantil e nos primeiros cursos de Primaria, leronse diferentes contos sobre este feito histórico local.
Outros optaron por facer unhas obras de arte dedicadas a esta efeméride.
No hay comentarios:
Publicar un comentario