Peticións ou recomendacións

Neste apartado publicaremos recomendacións e os comentarios están habilitados para as peticións que desexedes para a nosa biblioteca.

25/11/2018
Hoxe celébrase o día Mundial contra a Violencia de Xénero, e dende a biblioteca do cole queremos propoñer algúns títulos que tratan sobre a igualdade: Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños ou Rosa Caramelo entre eles. 
Ademáis puxémonos en contacto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas para conseguir o libro "Papá es ama de casa, ¿y qué?", e tratar con él a igualdade nas tarefas diarias.


27/10/2018
Achégase Samaín, e con motivo destas datas tan máxicas déixovos algunhas recomendacións de libros relacionados con esta efeméride. Espero que vos gusten!!







01/04/2018

Este domingo celébrase o día da nai, e que mellor regalo que un libro personalizado. Se premedes na seguinte ligazón poderedes personalizar os vosos libros para regalar por este día especial. 




Una felicitación electrónica tamén podría ser unha boa opción para festexar este día.





23/03/2018

Ola rapaces e rapazas:
Sei que moitos de vós leváchedes libros da biblioteca para ler nestas vacacións de Semana Santa, pero para os que non ou os que rematedes as vosas lecturas déixovos un enlace de bibliotecas dixitales para nenos, unha opción moi interesante con moitísimos e-books para nenos e nenas 😊😊😍
Bibliotecas virtuais para nenos e nenas

02/03/2018

Quedan poucas semanas para o día do pai, e que mellor regalo que un libro para disfrutar toda a familia. Nesta ligazón podedes atopar libros personalizados para este día tan especial, unha boa forma de traballar a lectura con actividades para toda a familia!!


Libro personalizado para o día do pai



Estoutra opción tamén é moi divertida: ¡Yo soy tu padre! Cómo llevar a tus hijos al lado oscuro. Autor: Jorge Vesterra. 


E a nosa última recomendación, un libro de vales personalizados, seguro que lle fai moitísima ilusión!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario