viernes, 25 de noviembre de 2022

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día da eliminación da violencia contra a muller 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes.

Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.


Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 










Ademais, o propio día, as alumnas e alumnos de Primaria, fixeron unha andainda pola sende verde para reivindicar a importancia desta data.







Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña