viernes, 23 de diciembre de 2022

NADAL

 Ola a todos e todas!!


No colexio San Fermín, non podíamos deixar de festexar estas datas tan especiais... O Nadal! 

O espírito do Nadal estivo presente nas aulas e no noso centro. @s nen@s e as súas familias engalanaron o centro con un montón de adornos feitos en casa.

Ademáis, como solíamos facer anos atrás, retomamos a celebración das badaladas todos xuntos (maxistralmente presentado por dous nenos e dous nenas de 6º de Primaria) e como non, sen olvidarnos da sesión posterior de discoteca. Sen olvidarnos da visita dun dos Reis Magos.




E por fin chegou o último día de clase onde recibimos a tódalas familias para brindarlles cos nosos orixinais villancicos.

Aqui podedes ver, unha pequena mostra de cada clase.






E por último, brindamos e comimos uns maravillosos doces aportados por todos e todas....Que viva o Nadal!




viernes, 2 de diciembre de 2022

Semana da ciencia

Un ano máis, durante o mes de novembro, os nosos alumnos traballaron e aprenderon na Semana da Ciencia de forma conxunta con moitos exercicios e sobre todo moitos experimentos postos en práctica.


En infantil fixeron experimentos con xeo, onde os cativos descubriron como se derrete máis rápido o xeo co sal. Tamén coñeceron, a través de dous experimetos con auga, ovos e cenorias, cousas moi interesantes sobe as células e o ADN.











En primaria foron moitos os experimentos realizados.

En primeiro traballaron os campos magnéticos e as densidades dos líquidos.

En segundo fixeron varias tarefas con lume e auga.

En cuarto e sexto traballaron as reaccións químicas, neste caso vivindo a erupción dun volcán. Tamén visionaron como funciona unha lámpada de lava.











En quinto tiveron a posibilidade de fabricar os seus propios papaventos.







viernes, 25 de noviembre de 2022

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día da eliminación da violencia contra a muller 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes.

Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.


Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 










Ademais, o propio día, as alumnas e alumnos de Primaria, fixeron unha andainda pola sende verde para reivindicar a importancia desta data.







Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña

lunes, 31 de octubre de 2022

Samaín

Que datas tan especiais! Tras o día da biblioteca, durante o resto de semana celebramos o Samaín e como non, a biblio estivo do máis transitada. Nenos, nenas e profes buscaron historias de medo para poder celebrar este día... Estos son algúns dos libros que se utilizaron:




Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial: unha meiga contou "Como mola tu escoba" aos nenos e nenas de 6º de Infantil!!







E coma sempre no propio día de Samaín a biblioteca non estivo de lado: 

Escapes rooms, disfraces, películas, xogos do espazo fedelleiro, contos de medo... que gran día!!


















Pasámolo de medo!!!!


Unha aperta

Xoaniña Maruxiña

lunes, 24 de octubre de 2022

Día da biblioteca

 Hola a todos e todas!!


Como cada ano por estas datas, celebramos un día moi moi moi especial para min: O día nacional das bibliotecas escolares!!


Este ano deixaronme un poco soa pero non estou triste porque foi por un bo motivo: Tódolos cursos do cole desde Infantil a Primaria visitaron a maravillosa biblioteca pública Juan Compañel!!

Alí os nosos pequen@s coñeceron como funciona unha biblioteca pública a través de xogos, vídeos e por suposto, deixáronnos un rato para poder gozar de moitos libros espectaculares que tiñan alí para consultar.


 Foi unha experiencia de 10!!!