martes, 22 de diciembre de 2020

O NADAL

 

Nadal

Ola a todos e todas!!

No colexio San Fermín, non podíamos deixar de festexar estas datas tan especiais... o Nadal! 

A celebración non puido ser coma otros anos, pero o espírito do Nadal estivo presente nas aulas. O importante é manter a ledicia de tódolos nenos e nenas. Por iso no colexio non se parou de traballar: manualidades,panxoliñas,traballos.... todo relacionado con esta época do ano.

Os nenos de tres anos fixeron un intercambio navideño cos nenos do colexio Monte San Juan de Tudela (Navarra).





Os alumnos de primeiro e segundo gravaron na radio un audioconto, "O máxico Nadal de Roque e Cíes en Vigo". 



Na clase de segundo este ano cambiamos as cartas a PapaNoel por cartas á familia.
Moitas veces esquecémonos de que os nenos prefiren o noso tempo e cariño que agasallos.




Os nenos e nenas de terceiro agasalláronnos cunha divertida canción de Nadal, "Volver a casa por Nadal"





Ademais nas clases de terceiro e cuarto houbo un intercambio de adornos de Nadal, menudos artistas estan feitos!!!😍





En sexto recordáronnos como celebramos o Nadal en anos anteriores, e prepararon unha fermosa panxoliña coa letra adaptada. 


Este ano  non fixemos o concurso de postais, animamos as familias a participar nas nosas  árbores familiares. Grazas a todos por participar.





Podedes atopar máis fotos e detalles de tódalas actividades feitas nestes días, nos blogs das aulas.


Todo o alumnado do colexio plasmou os seus desexos para o novo ano na nosa árbore dos desexos. Quedou precioso!!!

De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊









martes, 1 de diciembre de 2020

Agardando o Nadal.... Con calma!!

Ola nenos e nenas:


Hoxe traiovos unha bonita iniciativa do Equipo de Normalización da Lingua Galega do noso cole: un calendario de adviento para agardar o Nadal con mooooita calma!!




Sei que nas clases estades traballando con el, eu vos animo a facelo tamén na casa!! A relaxarse!!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 

Mes da ciencia 💚😊

Boas cativos e cativas:


Non, este ano non nos esquecimos do mes da ciencia, pero para compartir con vós tódalas experiencias que vivimos na biblio, na clase e na casa, abrimos unha nova pestana do blog para que as poidades consultar sempre que queirades. Este é o enlace: 

Compartimos experiencias


Espero que vos gusten, hai un montón delas !!


Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña