lunes, 25 de noviembre de 2019

Pregunta 4

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Arrincamos pois! Aquí tendes a primeira pregunta: 

4) Cal foi a primeira muller en coronou o Everest?






Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

8 comentarios:

  1. A primeira persoa que coronou o Everest foi Junko Tabei
    Laura 6°

    ResponderEliminar
  2. A primeira muller que coronou o Everest foi Junko Tabei Ting ting 6º

    ResponderEliminar
  3. A primeira muller en coronar o Everest foi Junko Tabei. Sabela 5º

    ResponderEliminar
  4. A primeira muller en coronar o Everest foi Junko Tabei .
    Raquel 5º de primaria

    ResponderEliminar
  5. A primera muller que coronou o Everest foi Junko Tabei.Florencia 6°

    ResponderEliminar
  6. A primera muller en coronar o Everest foi Junko Tabei nay 6

    ResponderEliminar
  7. Junko Tabei,no ano 1975



    De Martìn Esteban de sexto de primaria

    ResponderEliminar