jueves, 21 de noviembre de 2019

Pregunta 2

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Aquí tendes a segunda pregunta: 

2) Cando se construiu o primeiro submarino? Cómo era este submarino?



Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

6 comentarios:

  1. Se construiu en 1620 era moi alargado e moi grande Laura 6°

    ResponderEliminar
  2. Se construiu no ano 1620 era moi longo e grande Raquel 5 de primaria

    ResponderEliminar
  3. Construiuse en 1620 é era mío grande e alargado.Florencia 6°

    ResponderEliminar
  4. Construiuse en 1620 e era moi longo,alargado e grande.Sabela 5º

    ResponderEliminar
  5. Vonstruiose en 1620 e era longo de metal econ motor a combulsion nay 6

    ResponderEliminar
  6. O primeiro submarino construinse en 1620.E era largo e grande

    De Martin Esteban de sexto de primaria

    ResponderEliminar