viernes, 12 de febrero de 2021

O Entroido!! 👺👸👮

Boas nenos e nenas!!
Aquí estamos un ano máis, un ano diferente e peculiar, pero un ano máis no que dende a biblioteca da escola celebramos por todo o alto o Entroido!!

Ao longo desta pasada semana o Meco mandou día a día cómo vir vestido ao cole, e ademais nas diferentes clases traballáronse os traxes populares galegos de Entroido, e fixéronse algunhas manualidades tendo como apoio algúns libros da nosa sección rosa (arte).

A continuación algunhas fotos das actividades e dos disfraces.

Entroido Biblio 2021



Espero que o pasárades tan ben coma min!

Un saúdo moi afectuoso,

A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario