sábado, 27 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Ola familias!! 😄😃


Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. 
Dende a biblioteca propuxemos biografías, libros da autora e diversas adaptacións da sección de poesía e música para empregar nas aulas.





Ademais, desde o equipo de normalización lingüística suxeríronnos varias actividades para investigar e profundizar sobre está autora e poetisa. 


Os nenos de infantil escoitaron cancións e traballaron na PDI. 







Os alumnos de primeiro e segundo investigaron sobre a vida de Rosalía a vez que escoitaron e leron diferentes poemas da autora.




Terceiro e cuarto gravaron na radio o poema "Adiós ríos, adiós fontes".







Quinto e sexto aproveitaron para investigar empregando os ordenadores, tablets  e a PDI. 



Tamén fixeron uns preciosos caligramas.


Pasárono moi ben!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario