Ola a todos e todas!!
Aquí está a última actividade para completar o #Retodolibro!
Para hoxe a proposta é un contacontos familiar!
Para elaboralo pedimos a participación do resto da familia para que o vídeo sexa completo e orixinal. Podedes: gravar un conto da hora de durmir, contalo no salón a toda a familia, que o neno ou nena lle conte o conto aos pais, contar un conto inventado ou utilizar un que teñades en casa (podedes ensinar os debuxos do conto á cámara), etc....
Podedes facelo como queirades, pensade que son contos para os vosos amigos e amigas!!
Ao longo do fin de semana publicarei os nomes daqueles que completaron o #Retodolibro!
Para compartir o resultado enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.
Estou desexando ver as vosas creacións!
Un biquiño dende a biblioteca,
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario