Boas familias:
Remata xa a semana do libro e con ela as actividades que vos propuxen facer!!
Moitísimos nenos e nenas do cole participaron nesta semana do #Retodolibro, mais só uns poucos conseguiron superar os tres retos que se propuxeron no tempo previsto.
Os campións e campioas dos retos do libro son...
De Educación Infantil: Alba, Ana, Isaac y Sol!!
Dos primeiros cursos de Educación Primaria: Erick, Kailer, Sara, Emma, Pablo e Isaac!!
Dos últimos cursos de Educación Primaria: Erea, Fabi, Martín e David!!
A miña máis sentida noraboa a estes nenos e nenas que realizaron as tres actividades que se pedían.
Quero facer unha mención especial a tódolos participantes e durante esta semana publicarei aos pouquiños os vosos vídeos de Booktubers e Contacontos.
Hoxe vos deixo esta bonita montaxe coas fotos de tódolos marcapáxinas e un vídeo titorial no que Samuel nos explica como facer un.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Apertas,
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario