Ola a todos e todas !!
Comeza o mes de marzo e volven os recreos temáticos a nosa biblioteca!!
Cada recreo deste mes os mestres e mestras ofertarán diversas actividades para realizar en grupos reducidos.
Esta semana comezamos con catro actividades moi divertidas!!
Martes 3 de marzo: contacontos en inglés para 1º e 2º no que descubriron a sección de idiomas da nosa biblio e foron ata a lúa con Cat and Mouse.
Mércores 4 de marzo: obradoiro de xogos imaxinativos. No que os nenos de 5º e 6º de primaria puxeron a proba a súa creatividade co Dixit.
Xoves 5 de marzo: obradoiro musical con contacontos de Mozart para os nenos de Educación Infantil. Coa mestra de música os nenos aprenderon sobre a vida deste compositor e fixeron unha audición das súas obras máis coñecidas.
Venres 6 de marzo: xogos de intelecto para 3º e 4º de primaria. Cun traballo por estacións os nenos e nenas usaron todo o seu inxenio para xogar co "Virus", o "Sushi Go" e "Pajarracos".

Estou desexando ver o que os mestres teñen preparado para a próxima semana!
Unha forte aperta,
A Xoaniña Maruxiña 🐞
No hay comentarios:
Publicar un comentario