Ola a todo e todas:
Para que vos sexa máis levadeiro estes días que hai que pasar na casa, dende o cole San Fermín propoñémosvos un concurso telemático.
Para que vos sexa máis levadeiro estes días que hai que pasar na casa, dende o cole San Fermín propoñémosvos un concurso telemático.
Hoxe día 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía" e para iso propoñemos dende o cole un concurso de poesía no que o tema principal sexa: "O coronavirus". Podedes facer referencia ao virus, ao confinamento, ao traballo do persoal sanitario... todo o que se vos ocurra!
O formato de presentación pderá ser de dúas formas: cunha foto da poesía por escrito (nun folio ou cartulina e decorada como queirades) ou cun video recitando a poesía. Valorarase tanto o contido da poesía como a presentación e a decoración, creatividade ao poder!!
O prazo para participar comeza hoxe e remata o próximo mércores día 25 de marzo. Os gañadores publicaranse nas páxinas o venres día 27.
Podedes presentar as vosas creacións mandándoas por WhatsApp a calquera dos números habilitados do cole ou subíndoas a Facebook e mencionando o perfil do cole na vosa publicación.
Estou desexando ver como nos sorprendedes coas vosas poesías!!
Unha gran aperta,
Estou desexando ver como nos sorprendedes coas vosas poesías!!
Unha gran aperta,
A Xoaniña Maruxiña 🐞
No hay comentarios:
Publicar un comentario