miércoles, 24 de mayo de 2023

Semana das letras galegas!

Boas familias! 


Esta semana foi moi especial no cole pois celebramos a semana adicada as letras galegas, adicado este ano ao gran Francisco Férnandez del Riego.

Coma sempre o equipo de normalización linguística do centro, aportounos a tódolos cursos numerosas actividades para traballar ao autor homenaxeado, tendo como eixe central a nosa amada biblioteca.

Os máis pequenos do San Fermín, aprenderon, como son os traxes típicos do baile galego, para logo debuxalos e colorealos. Ademais adornaron o colexio con globos azuis e brancos de Galicia.





En canto as nenas e nenos de primaria, traballaron a sua vida de forma interactiva, grazas como cada ano a web http://seminariogalan.org/ Ademais, entre todos, decoraron a entrada do colexio.








Tamén, os nosos alumnos de sexto, visitaron a pinacoteca Francisco Fernández del Riego e participaron na exposición "Un galego coma nós" onde aprenderon sobre a vida e obra do autor; e incluso tiveron ocasión de decorar uns debuxos sobre o autor.








E por último, os alumnos de cuarto participaron nunha xincana polo Calvario, no que tiñan que recorrer distintos locais do noso entorno para atopar os obxectos agochados neles.




Espero que vos gustaran tódalas opcións que traballamos nesta semana tan intensa.

Unha aperta


Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario