martes, 22 de diciembre de 2020

O NADAL

 

Nadal

Ola a todos e todas!!

No colexio San Fermín, non podíamos deixar de festexar estas datas tan especiais... o Nadal! 

A celebración non puido ser coma otros anos, pero o espírito do Nadal estivo presente nas aulas. O importante é manter a ledicia de tódolos nenos e nenas. Por iso no colexio non se parou de traballar: manualidades,panxoliñas,traballos.... todo relacionado con esta época do ano.

Os nenos de tres anos fixeron un intercambio navideño cos nenos do colexio Monte San Juan de Tudela (Navarra).





Os alumnos de primeiro e segundo gravaron na radio un audioconto, "O máxico Nadal de Roque e Cíes en Vigo". 



Na clase de segundo este ano cambiamos as cartas a PapaNoel por cartas á familia.
Moitas veces esquecémonos de que os nenos prefiren o noso tempo e cariño que agasallos.




Os nenos e nenas de terceiro agasalláronnos cunha divertida canción de Nadal, "Volver a casa por Nadal"





Ademais nas clases de terceiro e cuarto houbo un intercambio de adornos de Nadal, menudos artistas estan feitos!!!😍





En sexto recordáronnos como celebramos o Nadal en anos anteriores, e prepararon unha fermosa panxoliña coa letra adaptada. 


Este ano  non fixemos o concurso de postais, animamos as familias a participar nas nosas  árbores familiares. Grazas a todos por participar.





Podedes atopar máis fotos e detalles de tódalas actividades feitas nestes días, nos blogs das aulas.


Todo o alumnado do colexio plasmou os seus desexos para o novo ano na nosa árbore dos desexos. Quedou precioso!!!

De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊









No hay comentarios:

Publicar un comentario