sábado, 6 de abril de 2019

Día do Autismo e día Mundial do Libro Infanti

Bos días a todos e todas!! 🐞🐞

Nesta última semana os nenos e nenas do cole traballamos sobre o día 2 de abril, no que celebramos o día do autismo e o día mundial do libro infantil

Os máis pequenos fixeron moitísimas actividades a favor da igualdade, e ao igual que moitos cursos de primaria os globos azuis tiveron un papel principal.

En primaria os diferentes cursos fixeron actividades diversas, muráis, cadeas, decoración das ventás do cole... 

Os máis maiores fusionaron as celebracións dos dous días traducindo o conto "José está contento" con diferentes aplicacións informáticas, e acondicionaron os espazos do cole con diferentes pictogramas. O resultado foi marabilloso e ademáis crearon material adicional para os nenos autistas do cole. 

Nos diferentes blogs das clases hai moitísimas fotografías destas celebracións 😊😊, aínda así déixovos unha selección aquí: 

Día del autismo


Espero que vos gusten!!

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario