Bos días a todo e todas 😄😃😄😄
Hoxe é un día moi especial. Hoxe 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora.
Dende o cole tódolos cursos traballaron este día na nosa biblioteca de diversas formas: analizando personaxes femininos importantes na historia, falando da importancia da muller na sociedade, buscando información sobre o comezo deste día...
Ademáis, os nenos e nenas de sexto fixeron un gran mural de fotografías baseadas no famoso cartel "We Can Do It!" e acudiron hoxe cun lazo na cabeza coma homenaxe. As profes do cole tamén se sumaron a esta bonita iniciativa.
Un saúdo,
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario