viernes, 24 de abril de 2020

Venres: semana do libro 📗📗📗

Ola a todos e todas!!

Aquí está a última actividade para completar o #Retodolibro!

Para hoxe a proposta é un contacontos familiar!

Para elaboralo pedimos a participación do resto da familia para que o vídeo sexa completo e orixinal. Podedes: gravar un conto da hora de durmir, contalo no salón a toda a familia que o neno ou nena lle conte o conto aos pais,  contar un conto inventado ou utilizar un que teñades en casa (podedes ensinar os debuxos do conto á cámara), etc.... 
Podedes facelo como queirades, pensade que son contos para os vosos amigos e amigas!!

Ao longo do fin de semana publicarei os nomes daqueles que completaron o #Retodolibro!


Para compartir o resultado enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.

Estou desexando ver as vosas creacións!

Un biquiño dende a biblioteca

A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario