viernes, 10 de abril de 2020

Escaperooms na casa!!

Ola pequenos, pequenas e familias!!

Hoxe, dende a biblioteca do cole, quero recomendarvos algúns xogos alternativos aos habituais que podedes facer estes días. É o caso dos Escaperooms!

Este tipo de xogos son moi divertidos, poñen a proba a mente e o inxenio e o mellor, son perfectos para facer en casa!!

O ideal é que vós mesmos vos animedes e creedes un Escaperoom con pistas para que xogue o resto da familia, a seguinte páxina pode axudarvos:


Mais se o que estades buscando é xogar directamente tamén existen varias opcións.

Para os máis pequenos o mellor é unha pescuda do tesouro, algo máis sinxelo, con probas menos elaboradas e que dure menos tempo, un exemplo é o seguinte:


Para os máis maiores hai máis diversidade de opcións, aínda que sería conveniente que un adulto tamén xogase para axudar nas probas con maior dificultade. As opcións que seleccionei son as seguintes:


Nesta páxina atoparás recursos imprimibles para montar o teu propio xogo de escapismo na casa. Un deles é específico para público infantil.


Neste escaperoom virtual serás "Romeo", quen terá que demostrar a súa intelixencia para conseguir a man da súa ansiada "Julieta".


Este último recurso vai dedicado a tódalas persoas que, coma min, son fans da saga Harry Potter. O enlace vos levará directamente a un xogo virtual no que teredes que utilizar o voso inxenio xunto co voso coñecemento do mundo máxico. 
É unha magnífica oportunidade de practicar idiomas dado que o xogo está ambientado en Londres e escrito en inglés. 

Por último, para os nenos de últimos cursos e con axuda da familia, contamos con este divertido xogo que se basea nunha época futurista onde a moeda de cambio é: O papel hixiénico!!


Espero que vos animedes a facer algunha destas propostas e que vos fagan pasar ao menos unha tarde moi divertida. 

Apertas, 

A Xoaniña Maruxiña




No hay comentarios:

Publicar un comentario