sábado, 28 de noviembre de 2020

Día contra a Violencia de Xénero 💜

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero  💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes 


Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.



Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 

Violencia de Xénero 2020


Ademais, co motivo da celebración deste día, o colexio animouse a participar nunha andaina solidaria Contra a Violencia de Xénero.

Aquí tedes o vídeo co resultado das nosas andainas, grazas a todos pola vosa participación.



Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña

viernes, 20 de noviembre de 2020

Día Universal dos Dereitos dos Nenos e Nenas

Ola a todo o mundo!!

Hoxe 20 de novembro é un día moi especial, sobre todo para os máis cativos porque celébrase o Día Universal dos Dereitos dos nen@s 👦👧e no colexio San Fermín, como xa sabedes, gústannos moito estas datas tan especiáis e fixemos diferentes actividades en tódolos cursos para conmemorala.

En Infantil fixeron un mural moi fermoso sobre os Dereitos dos Nen@s.


En Primaria, moitos cursos aproveitaron a nosa querida biblioteca para facer murais, debuxos, xogos, escoitar cancións e visualizar vídeos sobre esta temática. 

Por aquí vos deixo unhas fotiños e algún dos vídeos que se veron nesta data tan importante para tod@s el@s.










Día dos Dereitos dos Nen@s




Espero que vos gusten as fotos e vémonos pola biblio!

Unha aperta,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 1 de noviembre de 2020

O noso Samaín

Ola  familias 💀💀👻!!

Xa chegou o final de outubro, e nesta data tan sinalada, a pesar da situación na que nos atopamos, a nosa biblioteca, segue presente e en funcionamento, e case tódolos mestres do cole fixéronme unha visita para levar contos que empregaron na súa clase para festexar Samaín.

Éstes foron algúns dos libros empregados:
 
 

Ao igual que outros anos houbo concurso de cabazas, aínda que este ano os participantes enviáronnos unha fotografía para poder adaptar á nova situación o xa tradicional concurso. 
 
Por iso a exposición esta vez foi dun gran mural coas fotografías das cabazas tan bonitas que fixeron as nosas familias na súa casa.



Nas aulas tamén se fixeron actividades para festexar este día.
 
En Educación Infantil, os nenos e nenas fixoren estas momias e estos morcegos terroríficos.




 
 
 

Ademáis os nenos e nenas de Educación Primaria crearon diversas manualidades con esta temática. Aquí tendes algunhas fotos.

 







Un saúdo dende a biblio do cole!

A Xoaniña Maruxiña