Ola nenos e nenas!!
Xa estamos de novo por aquí, no noso cole e por suposto na nosa biblioteca.
Como xa sabedes, este ano temos unhas normas moi especiais para o desenrolo do curso, xuntos debemos cumplilas para combater ao Covid-19.
Para guardar estas medidas de seguridad, a biblioteca tivo que facer cambios e adaptarse á nova situación. Os máis destacados son:
* Non haberá gardas nin na entrada nin nos recreos, polo que, para que poidades vir a visitarme e a desfrutar de todos os recursos da nosa biblio, fixemos un horario semanal para que cada clase teña e aproveite ao menos dúas horas.
* Quitamos o recuncho de lecer e aumentamos os postos de lectura e traballo individual para que poidades estar moitos máis nenos e nenas mantendo a distancia de seguridade.
* Os libros utilizados en consulta ou emprestados pasarán un período de cuarentena de 72 horas antes de volver aos andeis.
* É obrigatorio a desinfección de mans antes de entrar na biblioteca.
* Todos os postos desinfectaranse tralo seu uso.
Ante todo, e sempre gardando as medidas de seguridade, queremos que a nosa biblioteca siga sendo un lugar de desfrute e cheo de posibilidades.
Estou desexando vervos a todos e todas de novo!!
Un choque de cóbados moi animado.
A Xoaniña Maruxiña