lunes, 23 de diciembre de 2019

Nadal

Ola a todos e todas!!

Estamos nunhas datas moi especiais.... o Nadal! Son días de moita festa e sobre todo, moita ledicia por parte de tódolos nenos e nenas. O colexio non parou de traballar: manualidades, murais, traballos.... todo relacionado con esta época do ano.

Os nenos e nenas participaron no xa tradicional concurso de postais. Estas son as premiadas deste ano, que bonitas!!





Para que todo o mundo poda saber todo o que festexamos e fixemos, realizamos esta pequena reportaxe, da man dos chicos e chicas de sexto curso.


Ademáis, coma sempre, nos blogs de cada aula podedes atopar máis fotos e detalles de tódalas actividades feitas nestas datas.

Gustaríanos felicitarvos as festas dunha forma moi especial, coma fixeron os nenos e nenas de primeiro de primaria. 








De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊



martes, 3 de diciembre de 2019

Magosto

Ola a todos e todas 😁😁

Nesta época de outono o cole celebra por tódolo alto unha gran festa: O Magosto!!!

Dende a nosa biblioteca sumámonos á celebración propoñendo diferentes actividades como a que fixeron os nenos e nenas de primeiro e segundo coa creación dun estupendo mural. 



Ademáis culminamos o día cunha gran festa de convivencia, escoitando música popular e recibindo castañas do noso particular castañeiro. Que ben o pasamos!!




lunes, 2 de diciembre de 2019

Campioas concurso de ciencias

Ola a todos e todas!! 😃😃

Rematou xa o mes de novembro, mes da ciencia, e con él o noso concurso de ciencias 💚.

Unha vez feito o reconto de respostas, a gañadora do concurso de ciencias foi Laura, seguida moi de preto por Florencia e Sabela.

Grazas a todos e todas por participar e noraboa as nosas campioas!!









A Xoaniña Maruxiña