viernes, 16 de noviembre de 2018

Pregunta 4 Pescudamos na Ciencia 💚

Ola a todos e todas!! 😃

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Aquí tendes a cuarta pregunta: 

4) Cantas velas de aniversario soprarías aos 20 anos se cada ano sopras as correspondentes pola túa idade? 




Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 15 de noviembre de 2018

Pregunta 3 Pescudamos na Ciencia 💚

Ola rapaces e rapazas!! 👀👀

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ésta é a terceira pregunta, de momento as respostas das anteriores están moi ben!!

3) Que é un Lucamus Cervus? (Lembra contestar en galego)





Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Pregunta 2 Pescudamos na Ciencia 💚

Benvidos de novo!! 😄😄

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Aquí tendes a segunda pregunta: 

2) Quen foi Marie Curie? Que descubriu?




Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

martes, 13 de noviembre de 2018

Pregunta 1 Pescudamos na ciencia 💚

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Arrincamos pois! Aquí tendes a primeira pregunta: 

1) Que é a fotosíntese? (Explica para que serve, quen a realiza e como é o proceso).



Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 8 de noviembre de 2018

Samaín 👻👻👻

Ola a todos e todas 👾👻!!

Nesta data tan sinalada houbo moito tránsito na nosa biblioteca, pois fixéronse en tódalas clases contacontos relacionados con estas datas.

Éstes son algúns dos libros que se utilizaron:



Os máis cativos seguiron co seu proyecto de emocións e crearon xunto coas súas mestras e as familias un libro chulísimo: o libro do medo.





Ademáis os nenos e nenas de Educación Primaria participaron nun conto motor terrorífico!! Pasárono xenial!!





Un saúdo dende a biblio do cole!

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 25 de octubre de 2018

Día da Biblioteca

Bos días a todos e todas!!!

O día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil chegaron aquí para escoitar con moita atención un contacontos do libro "El monstruo de colores", co que comezaban un novo proxecto das emocións.





Ademáis, tamén fixeron un bonito mural:




Os nenos e nenas de Educación Primaria fixeron tamén diversas actividades: 

* En primeiro e terceiro fixéronse visitas á biblio para traballar a formación de usuarios:






* Na clase de segundo potenciouse o hábito lector grazas á elaboración de un lectómetro:






*Na clase de cuarto fixeron un gran mural sobre os libros que recomendaban os alumnos:

Día Biblioteca 4º


* E nos últimos cursos formáronse equipos de Voluntariado na Biblioteca:






Este 24 de outubro foi un gran día para o noso cole, e dende ese día a presenza de lectores na biblioteca é moito maior 😃😃😃

Espero que todos sigan visitándome así de a miúdo.

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 1 de octubre de 2018

Reapertura da Biblio!!

Ola a todos e todas!!

Para comezar o mes de outubro comezamos cunha gran noticia: a reapertura da biblioteca do cole!!!

Espero que todos e todas a frecuentedes, e que atopedes todo o que busquedes! Lembrade todas as cousas que podedes facer aquí:







Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Comeza o curso!!!

Ola a todos e todas: 

Comeza o curso 2018/2019 e entristéceme comunicarvos que a biblioteca estará pechada ata o mes de outubro por mor dunhas reformas que estivemos facendo este verán. 

De tódalas formas o blogue segue estando dispoñible para calquera consuta, dúbida ou recomendación.

Agradezo moito a vosa paciencia e vos prometo que a espera valerá a pena, está quedando moi bonita!!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

martes, 26 de junio de 2018

Escapo da Biblio

Ola a todos e todas!!

Rematamos o curso cunha actividade moi particular dende a nosa biblioteca: unha sesión de escapismo para os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria 😊😊

Fixérono xenial e todos conseguiron as pistas definitivas que se agochaban entre os libros, xogos, ordenadores... 

A continuación algunhas fotos da actividade.

Escapismo biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

sábado, 19 de mayo de 2018

Semana das letras galegas

Ola a todos e todas!!

Ao longo desta semana todo o cole traballou sobre o día 17 de maio, o día das letras galegas, que este ano está adicado a María Victoria Moreno

Todos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca a facer actividades interactivas, a buscar contos ou libros desta autora, a pescudar información... 

Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro creativo dos nenos de Educación Infantil que retrataron á homenaxeada, a caricatura que fixeron entre as clases de 3º e 4º de Educación Primaria e a obra teatral de guiñol  adaptando o conto "O cataventos" que fixeron os alumnos e alumnas de 6º e que representaron a todo o cole en diferentes pases. Todas as actividades quedaron moi ben!!!


Caricatura de María Victoria Moreno


Obra adaptada "O cataventos"

Espero que vos gustasen tanto coma a min esas actividades. 

Un saúdo!!

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 16 de mayo de 2018

Visitamos a Biblioteca Xosé Neira Vilas

Ola a todos e todas!!

Para celebrar un dos días máis importantes da nosa comunidade, o día das letras galegas, os nosos alumnos visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí puideron  escoitar algúns contos e participar en diversos xogos.
Outro obxectivo era establecer lazos entre a Biblioteca do noso cole e as Bibliotecas Públicas da zona. 



Pasárono moi ben e aprenderon un montón!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

martes, 1 de mayo de 2018

Contacontos entre Nós!!

Bos días a todos e todas!!

Hoxe gustaríame contarvos unha nova iniciativa que acontece na nosa biblioteca e xurde dende a aula de 5 anos. 

Dende hai un par de semanas os nenos e nenas de esta clase acuden á Biblioteca e ocupan o recuncho de lecer para ler os seus contos favoritos aos seus compañeiros e amigos. 😄😃😁

Unha iniciativa marabillosa que aos nenos lles encanta e que fomenta a utilización da biblioteca e a lectura!!

Contacontos entre Nós

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña


domingo, 29 de abril de 2018

Día do Libro!!

Ola a todos e todas!!

Con motivo de celebración do día do libro, esta semana fixéronse moitísimas actividades no colexio.

Algunhas delas foron propostas para todo o centro, coma o concurso de "guapos lectores" no que os nenos e nenas podían participar presentando unha foto de seu libro favorito. Os resultados foron moi bos e se deron catro premios ás fotos máis bonitas.

Guapos lectores



Tamén se fixo, un ano máis, o xa coñecido mercado de libros, no que os nenos e nenas podían intercambiar cos compañeiros un ou máis libros.

Mercadillo de libros



Ademáis cada clase realizou moitas actividades.

Os nenos e nenas de infantil fixeron marionetas coas que crear as súas propias historias, e o libro os nosos contos favoritos que xa está exposto no atril da porta do cole.

En Educación Primaria fixéronse moitísimas actividades: os nenos máis pequenos fíxeron a árbore dos libros favoritos e un obradoiro de contos clásicos que serviu para decorar o pasillo principal do cole, mentres que os maiores axudaron na elaboración das normas da Biblioteca, na decoración da porta da Biblioteca e xogaron ao Bingo da lectura.

Día del libro otras actividades


Espero que vos gustasen estas actividades!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 25 de abril de 2018

Obradoiro de Banda Deseñada con Anxo Fariña

Ola a todos e todas!!!

Con motivo da celebración da semana do libro, hoxe acudiu ao noso cole Anxo Fariña para facer un obradoiro de debuxo e banda deseñada co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Anxo presentou varias das súas obras, entre elas a saga dos Megatoxos, deu varios exemplares para a nosa Biblioteca e ensinou algunhas técnicas e trucos de debuxo que os nosos nenos e nenas aproveitaron e aprenderon dunha forma activa e lúdica. 

Aquí tendes algunhas imaxes da actividade 😄😃 


Obradoiro de Banda Deseñada


Que ben o pasaron!!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 19 de abril de 2018

Saída á Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Bos días a todos e todas!!

Co fin de establecer lazos entre a Biblioteca do noso cole e as Bibliotecas Públicas da zona, os alumnos de cuarto curso de Educación Primaria visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, onde lles explicaron a distribución, os recursos que teñen nesa biblioteca e fixeron con eles moitas actividades e xogos. 

Pasárono xenial  😄😄


Saída 4º Biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 😘

lunes, 16 de abril de 2018

Día do autismo e día mundial do libro infantil

Bos días a todos e todas!!

Nestas últimas semanas os nenos e nenas do cole traballaron sobre o día 2 de abril: o día do autismo e o día mundial do libro infantil

Os máis pequenos fixeron moitísimas actividades a favor da igualdad, coma un mural da primavera pictográfico e unha sesión de "rachando barreiras".

En primaria os diferentes cursos fusionaron a celebración destes dous días traducindo e creando un conto pictográfico a través de aplicacións coma o Araword e o Microsoft Word. O resultado foi marabilloso e ademáis crearon material adicional para os nenos autistas do cole. 

Aínda que nos diferentes blogs das clases hai moitísimas fotografías destas celebracións 😊😊, hoxe déixovos unha selección aquí: 

Día del autismo 2018

Espero que vos gusten!!

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

jueves, 12 de abril de 2018

Contacontos con Iago López

Ola a todos e todas!!

Hoxe a mañán visitou o noso cole Iago López, un famoso contacontos que obsequiounos cunhas actuacións marabillosas que gustaron moitísimo aos nenos. 







Moitas grazas Iago!! 

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 21 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía

Ola a todos e todas!!

Hoxe celebramos no cole o Día Mundial da Poesía.

Para iso, os máis maiores convertéronse nos guardiáns do patio, de forma que, para entrar e sair os demais compañeiros debían recitar un fragmento de un poema.

Na seguinte ligazón hai un video cos resultados!!


Espero que vos gustase!!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña

domingo, 11 de marzo de 2018

Semana da prensa

Ola a todos e todas!!!

Esta semana celebrouse a semana da prensa, e todo o cole participou dunha forma ou outra para festexala. 

Fixéronse murais, a portada do periódico do cole, traballos co periódico "O Papagaio" e o kiosko do colexio San Fermín, elaborado polas profes e alumn@s de educación infantil






Espero que vos gustasen as fotografías dos traballos realizados!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña



jueves, 8 de marzo de 2018

Día da Muller Traballadora

Bos días a todo e todas 😄😃😄😄

Hoxe é un día moi especial. Hoxe 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora

Dende o cole tódolos cursos traballaron este día na nosa biblioteca de diversas formas: analizando personaxes femininos importantes na historia, falando da importancia da muller na sociedade, buscando información sobre o comezo deste día... 

Ademáis, os nenos e nenas de sexto fixeron un gran mural de fotografías baseadas no famoso cartel "We Can Do It!" e acudiron hoxe cun lazo na cabeza coma homenaxe. As profes do cole tamén se sumaron a esta bonita iniciativa. 



Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

sábado, 24 de febrero de 2018

Día de Rosalía de Castro

Ola a todos e todas!!

Hoxe é o día adicado á vida de Rosalía de Castro, e dende o cole quixemos facerlle as nosas peculiares homenaxes. Nalgúns cursos fixéronse lecturas dalgúns fragmentos da súa obra, traballos e PPT sobre a súa vida e outro tipos de traballos. 

Algúns exemplos son o cartel tipo retrato pop (Andy Warhol), ou o traballo da canción de Negra Sombra. Aquí algunhas fotos e enlaces para que teñades unha idea do gran traballo dos nosos nenos e nenas. 




Espero que vos gustasen  😊😊!!

Un saúdo dende a nosa biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 23 de febrero de 2018

Apadriñamento lector

Ola a todos e todas!!

Dende hai un par de semanas, os nenos e nenas de sexto curso axudan na biblioteca aos de 5 anos na súa iniciación a lectura. É xenial porque están súper concentrados, tanto uns como outros. 


Para rematar os maiores contáronlles un conto... que ben o pasamos!!!

Apadrinamiento lector

Espero que vos gustasen as fotos, 

A Xoaniña Maruxiña