sábado, 23 de marzo de 2019

Día da Poesía 👄

Ola nenos e nenas!!

O pasado 21 de marzo celebramos no cole o Día Mundial da Poesía. 

Para iso a biblioteca foi centro e fonte de moitas actividades que os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria desfrutaron. 

Dende muráis con poemas, pescuda de libros de poesía na biblio e investigación de diferentes autores, ata obradoiros de poesía que proximamente gravaremos na Radio Escolar, todos os alumnos e alumnas do cole comunicáronse con esta forma de expresión. 

A continuación algunhas imaxes das actividades.


Día de la poesía 19

Espero que vos gustasen tanto coma a min!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

viernes, 22 de marzo de 2019

Contacontos

Ola a todos e todas!!  😁

Hoxe acudiu ao noso cole Benxamín, proposto pola biblioteca para a realización dun contacontos aos máis cativos da escola. 

A continuación algunhas fotos  da actuación. Que ben o pasaron!!


Contacontos Benxamín 

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

viernes, 15 de marzo de 2019

Día da Muller Traballadora e Semana da Prensa

Boas lectores e lectoras!!!  😊😊

Esta semana celebramos no cole San Fermín o día da Muler traballadora e a Semana da Prensa

Para iso tódolos nenos e nenas do cole fixeron moitísimas actividades: muráis, traballos de pescuda e investigación, proxectos... E para iso todos pasaron pola nosa Biblioteca e a utilizaron como fonte de recursos. 

Ademáis os mestres e mestras aproveitaron estas dúas festividades para combinar ambas efemérides e traballalas xuntas. 

Os máis peques traballaron pequenos proxectos a través de contos e libros da biblioteca, e fixeron uns divertidos muráis, mentres que os últimos cursos de primaria estrearon a Radio Escolar para facer uns programas baseados na vida de mulleres famosas da historia. 





Aquí tendes algunhas fotos dos resultados: 

Día de la mujer 19


Espero que vos gustasen! 

A Xoaniña Maruxiña

martes, 5 de marzo de 2019

O Entroido

Ola a todos e todas!! 😃😃

Esta semana celebrouse no noso cole o Entroido e o eixe central da gran comparsa foi O ARTE

Os nenos e nenas acudiron á biblioteca xunto cos seus profes a documentarse, facer actividades no taboleiro dixital, consultar diferentes libros de arte e biografías... 

Ademáis comezaron aquí os seus disfraces e utilizaron a biblioteca como núcleo de todas as elaboracións. 

Estas son algunhas fotos dos resultados, quedáronlles moi ben!!









Agárdovos coma sempre pola biblioteca!! 

A Xoaniña Maruxiña