Boas lectores e lectoras!!! 😊😊
Esta semana celebramos no cole San Fermín o día da Muler traballadora e a Semana da Prensa.
Para iso tódolos nenos e nenas do cole fixeron moitísimas actividades: muráis, traballos de pescuda e investigación, proxectos... E para iso todos pasaron pola nosa Biblioteca e a utilizaron como fonte de recursos.
Ademáis os mestres e mestras aproveitaron estas dúas festividades para combinar ambas efemérides e traballalas xuntas.
Os máis peques traballaron pequenos proxectos a través de contos e libros da biblioteca, e fixeron uns divertidos muráis, mentres que os últimos cursos de primaria estrearon a Radio Escolar para facer uns programas baseados na vida de mulleres famosas da historia.
Aquí tendes algunhas fotos dos resultados:
Espero que vos gustasen!
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario