lunes, 31 de octubre de 2016

A distribución da biblioteca

Ola nenos e nenas, son a Xoaniña Maruxiña:

Como xa sabedes, na nosa reformada biblioteca os libros están clasificados por cores... Para axudarme a explicarvos como funciona a nosa nova clasificación chamei ao meu amigo da biblioteca Antonio Palacios o Polliño Pío.

Clasificación Decimal Universal

 Espero que vos guste, non dubidedes en preguntarme calquera dúbida.

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 9 de octubre de 2016

Como usar a Biblioteca do cole

Bos días nenos e nenas:

Esta entrada de Blogue está destinada a que todos e todas teñamos unha idea clara de como utilizar a Biblioteca.

A primeira norma e a máis importante é que cando esteamos dentro dela hai que estar en silencio, pois pola contra molestaremos aos demais compañeiros e compañeiras que estean alí.

A segunda é que non se pode entrar calzado na zona de relax... ao que pille pisando o chan quebracabezas con zapatos voulle prohibir a entrada a esa sección, durante o resto do ano!

O horario da nosa Biblioteca é o seguinte: de luns a venres de 8:45 a 9:00 e de 11:45 a 12:10, e os luns e martes de 18:00 a 19:00. Durante ese tempo poderedes pedir prestados libros para levárvolos a casa. Poderedes coller ata 3 libros e devolvelos no prazo de 15 días.

Ademais, en breves entregarémosvos o voso propio carné de Biblioteca. Ata ese momento os préstamos farémosvolos sen ningún problema, pero a partir dese día, para pedir prestado un libro debedes levar o carné convosco ou sabervos o número de socio.

Por hoxe xa é suficiente información, en breves actualizarei o blogue cunha explicación das cores que vos podedes atopar e que significa cada unha.

Un saúdo,

A xoaniña Maruxiña