Peticións ou recomendacións

Neste apartado publicaremos recomendacións e os comentarios están habilitados para as peticións que desexedes para a nosa biblioteca.



02/04/2019
Celebramos no cole o día do Autismo, e con motivo desta efeméride queremos recomendar algúns títulos que temos na nosa biblioteca. Por un lado para comprender máis sobre este trastorno, na sección de Ciencias Sociais podedes atopar libros de inclusión social coma "Por cuatro esquinitas de nada" ou "El cazo de Lorenzo"; e por outro, na sección de Prelectores temos moitos libros e contos adaptados a linguaxe pictográfico, como poden ser os da asociación B.A.T.A. ou os paquetes de Disney. 



21/03/2019
Coma homenaxe é o día da poesía queremos facer referencia á sección de poesía da nosa biblio, onde hai moitísimos títulos interesantes para todas as idades.






08/03/2019
Para festexar o día da muller traballadora houbo moitísimo movemento na sección de Biografías da nosa biblio. Estes son algúns dos libros que máis consultaron os nosos alumnos e alumnas.





05/03/2019
O entroido é un festexo moi especial no noso cole e en toda a nosa comunidade. Aquí tendes algúns libros da biblioteca relacionados con esta festividade.




24/02/2019
O 24 de febreiro realízase o día de Rosalía de Castro, e dende a biblioteca queremos recomendar a obra Rosalía Pequeniña.




30/01/2019
Hoxe celebramos o día da Paz e a Non Violencia, e o voluntariado da biblioteca seleccionou diversos contos que teñen como ensinanza valores relacionadas coa paz.



25/11/2018
Hoxe celébrase o día Mundial contra a Violencia de Xénero, e dende a biblioteca do cole queremos propoñer algúns títulos que tratan sobre a igualdade: Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños ou Rosa Caramelo entre eles. 
Ademáis puxémonos en contacto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas para conseguir o libro "Papá es ama de casa, ¿y qué?", e tratar con él a igualdade nas tarefas diarias.




27/10/2018
Achégase Samaín, e con motivo destas datas tan máxicas déixovos algunhas recomendacións de libros relacionados con esta efeméride. Espero que vos gusten!!







01/04/2018

Este domingo celébrase o día da nai, e que mellor regalo que un libro personalizado. Se premedes na seguinte ligazón poderedes personalizar os vosos libros para regalar por este día especial. 




Una felicitación electrónica tamén podría ser unha boa opción para festexar este día.





23/03/2018

Ola rapaces e rapazas:
Sei que moitos de vós leváchedes libros da biblioteca para ler nestas vacacións de Semana Santa, pero para os que non ou os que rematedes as vosas lecturas déixovos un enlace de bibliotecas dixitales para nenos, unha opción moi interesante con moitísimos e-books para nenos e nenas 😊😊😍
Bibliotecas virtuais para nenos e nenas

02/03/2018

Quedan poucas semanas para o día do pai, e que mellor regalo que un libro para disfrutar toda a familia. Nesta ligazón podedes atopar libros personalizados para este día tan especial, unha boa forma de traballar a lectura con actividades para toda a familia!!


Libro personalizado para o día do pai



Estoutra opción tamén é moi divertida: ¡Yo soy tu padre! Cómo llevar a tus hijos al lado oscuro. Autor: Jorge Vesterra. 


E a nosa última recomendación, un libro de vales personalizados, seguro que lle fai moitísima ilusión!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario