domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía de Castro

Ola nenos e nenas!! 👀😄😃

Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), e nesta ocasión os nenos e nenas do cole fixeron unha máscara de Rosalía e traballaron nas horas de música co libro e disco de Rosalía Pequena, o cal tomaron prestado da nosa biblioteca. 













Pasárono moi ben!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 13 de febrero de 2019

Radio Escolar 😄😄

Ola nenos e nenas!!

Aproveitando que hoxe 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio, inauguramos na nosa biblioteca unha nova sección: A Radio Escolar!!!

Para comezar con este innovador proxecto comezamos unha formación co alumnado voluntario da biblioteca escolar e con todo o profesorado.

A continuación algunhas fotos da actividade co alumnado.

Formación Radio

Esperamos que en breve poidamos dar uso deste novo recurso para seguir investigando, recollendo e publicando información tendo a nosa biblio coma fonte de recursos. 

Un afectuoso saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

martes, 5 de febrero de 2019

Día da Paz

Boas a todos e todas !! 😀

Con motivo do día da Paz, os nenos e nenas do cole fixeron moitísimas actividades: realizaron murais, pintaron banderíns con motivos da Paz, elaboraron un orixinal "Pazapalabra"... e o que máis me gustou: fixeron contacontos pola Paz!!! 💗💗

Cuentacuentos paz


Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron adaptacións de diferentes contos (con marionetas, teatro...) e representáronllelos aos nenos e nenas de Educación Infantil. Gustáronlles moitísimo!!




Espero que vos gustasen tanto coma min.

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña