martes, 31 de octubre de 2017

O noso Samaín

Boas rapaces e rapazas:

Esta semana celebrouse Samaín no cole... Que medo!! E para festexalo fixéronse múltiples actividades no cole, en cada clase, e por suposto na biblioteca!!!
Dende o xa tradicional concurso de cabazas, pasando por un escalofriante photocallata a misteriosa e escalofriante aula do terror -onde os nenos e nenas len unha terrorífica historia amenizada polos mestres caracterizados- todos e todas pasamos un día moi divertido no cole. 

Como recomendacións de lectura relacionadas con este día, na biblioteca do cole dispoñemos dos seguintes libros:

- O Samaín. Autor: Francisco Castro. Editorial: Galaxia.
- Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín. Autor: Ramón D. Veiga e David Sierra. Editorial: Xerais
- Colección Los Sin Miedo. Autor: José María Plaza. Editorial: Edebé.

A continuación déixovos algunhas fotos das festividades. Espero que vos gusten!!  😄😄


Samaín Biblioteca



Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña