sábado, 24 de febrero de 2018

Día de Rosalía de Castro

Ola a todos e todas!!

Hoxe é o día adicado á vida de Rosalía de Castro, e dende o cole quixemos facerlle as nosas peculiares homenaxes. Nalgúns cursos fixéronse lecturas dalgúns fragmentos da súa obra, traballos e PPT sobre a súa vida e outro tipos de traballos. 

Algúns exemplos son o cartel tipo retrato pop (Andy Warhol), ou o traballo da canción de Negra Sombra. Aquí algunhas fotos e enlaces para que teñades unha idea do gran traballo dos nosos nenos e nenas. 




Espero que vos gustasen  😊😊!!

Un saúdo dende a nosa biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 23 de febrero de 2018

Apadriñamento lector

Ola a todos e todas!!

Dende hai un par de semanas, os nenos e nenas de sexto curso axudan na biblioteca aos de 5 anos na súa iniciación a lectura. É xenial porque están súper concentrados, tanto uns como outros. 


Para rematar os maiores contáronlles un conto... que ben o pasamos!!!

Apadrinamiento lector

Espero que vos gustasen as fotos, 

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 12 de febrero de 2018

Entroido no cole!!!

Boas a todos e todas!!!

Neste mes de febreiro as actividades do cole estiveron relacionadas coa celebración do Entroido.🙈😺

O meu amigo o Meco deu instrucións moi disparatadas todos os días da semana: ir en pixama ao cole, disfrazados de vellos, con accesorios na cabeza ou cara... 

E o venres celebrouse unha gran comparsa na que todo o cole desfilou pola rúa xunto con familiares, veciños e música temática do entroido.

Este ano os mestres e mestras do cole e os nenos e nenas visitaron a biblioteca en busca de ideas para os disfraces das comparsas deste ano, e finalmente decidiron traballar con diferentes contos nas clases, e elaborar cos alumnos e alumnas os disfraces nas clases.

Os cursos de Educación Infantil foron disfrazados de: Alicia no país das marabillas. 

Os primeiros tres cursos de primaria decidiron escoller: Os tres porquiños.

E os máis maiores, de 4º a 6º de Educación Primaria, foron caracterizados de: O mago de Oz. 


 O fin de festa foi unha merendola na que non faltaron doces típicos coma as filloas e as orellas.  

Aquí tendes algunhas fotos relacionadas coas actividades.


Entroido Biblioteca


Espero que vos gusten!!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña