Ola rapaces e rapazas!!
Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día da eliminación da violencia contra a muller 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes.
Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.
Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas.
Ademais, o propio día, as alumnas e alumnos de Primaria, fixeron unha andainda pola sende verde para reivindicar a importancia desta data.
Encantoume o seu traballo, e a vós?
Unha fortísima aperta dende a biblio do cole,
A Xoaniña Maruxiña