Mochilas viaxeiras

**As normas de funcionamento das mochilas atópanse no final da páxina**



Nicole - 1º Primaria


Gael - 1º Primaria




Ola familias!! Estou contentísima de anunciarvos que xa están a vosa disposición as mochilas viaxeiras!! Explícovos de que se trata...

No interior das mochilas atópase un libro de narrativa para @s máis pequen@s (pode ser un conto, unha novela…), un de consulta (sobre animais, cociña, manualidades, poesía…), outro para pais e nais e por último, un xogo de mesa.

Como podedes  ver, as mochilas son para que as utilicedes todos xuntos en familia, cativ@s e maiores.

Soamente tedes que cumprir cunhas pequenas e sinxelas normas para que todos  e todas poidamos divertirnos ao longo do curso con este material:

Pódense levar durante catro días (de xoves a luns). Fixádevos ben cando a tedes que devolver porque seguro que hai outra familia impaciente por desfrutar dela.

Deixade todo o material no interior das mochilas tal e como estaba ao inicio.

Prestade especial atención aos xogos de mesa xa que hai moito material que se pode perder como cartas, fichas, dados, etc.

En caso de deteriorar algún libro ou xogo, avisade ao devolvelas.

E por último, quérovos pedir un favor: sacádevos fotos coas mochilas: xogando, lendo, realizando unha receita, manualidade... como vos  queirades!

 

Espero que vos guste!

 

Unha aperta xigante

 

A Xoaniña Maruxiña 



 


2 comentarios:

  1. Moi boa iniciativa.Encantados coa mochila viaxeira e que veña tamén con lecturas interesantes para os pais.¡Graciñas!

    ResponderEliminar
  2. Nos encantó, nos divertimos mucho.
    Gracias por la atención.

    ResponderEliminar