domingo, 24 de mayo de 2020

O noso himno

Boas a todos e todas: 

Esta semana as clases do cole tamén traballaron o día das letras galegas grazas á proposta do equipo de dinamización de crear uns vídeos conmemorativos do noso himno. Quedaron preciosos!!






Que grandes artistas!!

Unha gran aperta,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas

Boas familias!!


Despois dunha semana de duro traballo, estou moi orgullosa da vosa participación no Bingo das Letras Galegas.

Por aquí vos deixo unha pequena mostra de fotos e vídeos dalgunhas das casillas do bingo onde fixéchedes unha gran demostración de creatividade e orixinalidade!!


Bingo Letras Galegas 2020

Moitas grazas a todos e todas por participar!

Un saudiño,


A Xoaniña Maruxiña

lunes, 11 de mayo de 2020

Proposta para o día das Letras Galegas 📜📜

Boas nenos e nenas! 

Como ben sabedes, este domingo 17 de maio é o día das Letras Galegas 📜📜, e este ano está dedicado a Ricardo Carbalho Calero. 

Para traballar sobre este autor e sobre o día xeral das Letras Galegas vos propoñemos o seguinte "Bingo das Letras Galegas":



Debedes completar este Bingo e, nas probas de escritura, escribir a resposta nun folio (poñendo 1.- e a resposta o recadro 1, 2.- e a resposta o recadro 2...) e mandar unha foto ou o documento unha vez o teñades completado (aos WhatsApp do cole ou na páxina de Facebook etiquetando o perfil do cole).

Para axudarvos a completar o bingo vos deixamos a seguinte páxina de recursos sobre o homenaxeado, na que tendes un montón de actividades en liña para os diferentes niveis e cursos: Seminario Galán: Ricardo Carvalho Calero


Agardo impaciente os vosos bingos, o plazo para entregalos acaba o propio día das Letras Galegas, e a próxima semana publicarei tódolos campións que conseguiron completalo!!

Un saudiño dende  a biblioteca,


A Xoaniña Maruxiña

martes, 5 de mayo de 2020

Enquisa de avaliación

Ola a todos e todas!! 😃😃

Como xa sabedes, a nosa biblioteca está en constante cambio para mellorar as vosas demandas, e dende o equipo da biblioteca queremos saber a vosa opinión para que estas melloras estean á altura. 

Agradecémosvos que contestedes á seguinte enquisa coa maior sinceridade. 

Enquisa de avaliación

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 3 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

Booktubers & Contacontos 5

Ola familias!! 

Este é o último día de publicacións dos vídeos  dos nenos e nenas participantes nas actividades do #Retodolibro.

Booktubers e titoriais de xogo:


Claudia


Jose Jerome


Lucía


Gabrielly


Fabi



                                                   
David


Contacontos:

Isaac


Erea


Erick


Encantoume o voso traballo!!

Unha forte aperta dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña