Ola rapaces e rapazas!
Esta semana foi unha das máis especiais para @s que coma eu, somos amantes da lectura... estivemos ante a semana do libro!
Nesta ocasión, os cinco días estiveron dedicados a un proxecto común a todo o cole, xa que cada curso preparou unha interpretación dun conto para expoñelo a través dun "Kamishibai".
Os preguntaredes...que é iso do "Kamishibai"?
Literalmente significa "drama de papel" e é unha forma de contar historias orixinada nos templos budistas de Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban pergamiños con imaxes á vez que narraban as historias.
Agora que xa todos sabemos que é, cóntovos como traballamos:
LUNS: Traballouse o conto escollido en cada clase e repartíronse tarefas (uns encargábanse de debuxar as escenas, outros de narrar ou as dúas cousas á vez).
MARTES: Comezouse coa realización das escenas e o ensaio da lectura.
MÉRCORES: Plastificáronse as escenas e fixéronse ensaios xerais.
XOVES/VENRES: Comezaron as gravacións no pequeno teatro que deseñouse para tan especial ocasión (Moitas grazas a Pablo e Yoli (papis de Emma) polo voso traballo!).
Tedes curiosidade polo resultado?? Pois aquí os tedes, espero que os desfrutedes tanto coma eu!
4º de Infantil
5º de Infantil
6º de Infantil
1º de Primaria
3º de Primaria
4º de Primaria
E pese a que os nenos e nenas de 2º de Primaria tiveron que estar uns días na casa sen vir ao cole, iso non foi motivo para deixar de traballar. Estiveron facendo diferentes actividades online e fixeron unha pequena presentación dos seus libros favoritos.
Aínda quedan máis sorpresas que publicaremos na seguinte entrada...permanecede atent@s!
Unha aperta moi forte,
A Xoaniña Maruxiña