sábado, 23 de marzo de 2019

Día da Poesía 👄

Ola nenos e nenas!!

O pasado 21 de marzo celebramos no cole o Día Mundial da Poesía. 

Para iso a biblioteca foi centro e fonte de moitas actividades que os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria desfrutaron. 

Dende muráis con poemas, pescuda de libros de poesía na biblio e investigación de diferentes autores, ata obradoiros de poesía que proximamente gravaremos na Radio Escolar, todos os alumnos e alumnas do cole comunicáronse con esta forma de expresión. 

A continuación algunhas imaxes das actividades.


Día de la poesía 19

Espero que vos gustasen tanto coma a min!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

No hay comentarios:

Publicar un comentario