sábado, 28 de noviembre de 2020

Día contra a Violencia de Xénero 💜

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero  💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes 


Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.



Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 

Violencia de Xénero 2020


Ademais, co motivo da celebración deste día, o colexio animouse a participar nunha andaina solidaria Contra a Violencia de Xénero.

Aquí tedes o vídeo co resultado das nosas andainas, grazas a todos pola vosa participación.



Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario