domingo, 26 de abril de 2020

Resultados #Retodolibro 📙📖📙

Boas familias:

Remata xa a semana do libro e con ela as actividades que vos propuxen facer!!

Moitísimos nenos e nenas do cole participaron nesta semana do #Retodolibro, mais só uns  poucos conseguiron superar os tres retos que se propuxeron no tempo previsto.

Os campións e campioas dos retos do libro son...

De Educación Infantil: Alba, Ana, Isaac y Sol!!

Dos primeiros cursos de Educación Primaria: Erick, Kailer, Sara, Emma, Pablo e Isaac!!

Dos últimos cursos de Educación Primaria: Erea, Fabi, Martín e David!!

A miña máis sentida noraboa a estes nenos e nenas que realizaron as tres actividades que se pedían.

Quero facer unha mención especial a tódolos participantes e durante esta semana publicarei aos pouquiños os vosos vídeos de Booktubers e Contacontos. 

Hoxe vos deixo esta bonita montaxe coas fotos de tódolos marcapáxinas e un vídeo titorial no que Samuel nos explica como facer un. 







Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

Apertas, 

A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario