Boas familias!
Benvidos ao noso novo blog da Biblioteca do Colexio San Fermín!!! Nel atoparedes as últimas novidades sobre libros, actividades relacionadas coa lectura, recomendacións, vídeos, etc. Agardamos que sexa do voso gusto e que participedes nas nosas propostas.
miércoles, 24 de mayo de 2023
Semana das letras galegas!
jueves, 18 de mayo de 2023
Semana do libro!
Hola a tod@s!!
Chegou a semana fantástica da biblioteca: a semana do libro!!
Este ano foi unha auténtica locura, fixemos moitísimas actividades e o pasamos en grande.
Para comezar grazas as aportacións de tódalas familias fixemos unha búsqueda de libros que estaban perdidos por todo o centro e como premio... libro que atopas, libro que te podes quedar para sempre! Tiveron que buscar polo patio, pasillos, aseos...foi divertidisimo!
Ademáis, nas horas de plástica, cada neno e nena fixo o deseño da portada dos seu libro favorita. Fixeron unhas obras moi orixinais.
Durante o recreo do xoves, fixemos un mural co título: "Qué é para ti un libro?" Cada un baixo ese título, expresou de forma libre a resposta a esa pregunta e quedamos realmente impresionados coa imaxinación e a creatividade d@s nos@s pequen@s.
E chegamos ao prato estrela de tódolos anos tendo como protagonistas aos cativos do cole: O apadriñamento lector. @s maiores do cole, disfrutaron dun rato cos nenos e nenas de infantil. Coma sempre, tanto maiores como pequenos, foi un rato divertidisimo!.
E por último, o venres, recibimos unha visita moi moi especial para o cole. Leyla foi unha antiga alumna e recentemente, e con tan só 14 anos, publicou "La hipotesis de cerrar heridas". Pasou un rato con 5º e 6º de Primaria contando a súa experiencia e contestando as inquedanzas dos máis pequen@s. Para finalizar, fixéronlle unha entrevista na radio. Moitas grazas por vir Leyla!!
lunes, 30 de enero de 2023
Día mundial da paz e a non violencia
Xa estou de volta!! 😀
Un ano máis traballamos o Día da Non violencia e a Paz de forma conxunta con moitos proxectos, muráis, manualidades, etc.
Os máis cativos traballaron a diferente simboloxía relacionada coa paz facendo debuxos cos seus corpos.
1º e 2º de primaria decidiron darlle cor e adornar o corredor cun mural.
viernes, 23 de diciembre de 2022
NADAL
Ola a todos e todas!!
E por último, brindamos e comimos uns maravillosos doces aportados por todos e todas....Que viva o Nadal!
viernes, 2 de diciembre de 2022
Semana da ciencia
Un ano máis, durante o mes de novembro, os nosos alumnos traballaron e aprenderon na Semana da Ciencia de forma conxunta con moitos exercicios e sobre todo moitos experimentos postos en práctica.
En infantil fixeron experimentos con xeo, onde os cativos descubriron como se derrete máis rápido o xeo co sal. Tamén coñeceron, a través de dous experimetos con auga, ovos e cenorias, cousas moi interesantes sobe as células e o ADN.
En primaria foron moitos os experimentos realizados.
En primeiro traballaron os campos magnéticos e as densidades dos líquidos.
En segundo fixeron varias tarefas con lume e auga.
En cuarto e sexto traballaron as reaccións químicas, neste caso vivindo a erupción dun volcán. Tamén visionaron como funciona unha lámpada de lava.
En quinto tiveron a posibilidade de fabricar os seus propios papaventos.






























.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)










.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)